O BNG PREOCÚPASE POLA INTERVENCIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS NO CASO DA MULLER ASASINADA NO CAMIÑO REAL
Os nacionalistas presentaron preguntas no concello de Lugo, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados
Paz Abraira cualificou de falacia que se sinale como positivo o descenso de denuncias por malos tratos xa que descenden as denuncias pero non os malos tratos
LUGO, 4 de abril de 2013. Tendo en conta as información xurdidas nestes últimos días sobre a intervención dos servizos sociais no caso da muller asasinada no Camiño Real o BNG presentou unha serie de preguntas, no concello de Lugo, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados. O BNG tenta clarificar como se materializou a atención dos distintos departamentos de servizos sociais á familia da víctima. Tamén, é preocupación dos nacionalistas coñecer se houbo a correspondente coordinación entre todos os estamentos implicados. Hai que comprobar se realmente a menor, filla da víctima, recibiu a correspondente atención e se foi así deberá de dárselle a correspondente atención e esta situación non deberá repetirse dixo Paz Abraira.
A edil Paz Abraira significou que ao longo desta semana púxose sobre a mesa a necesidade de que exista unha coordinación entre os distintos departamentos de servizo sociais das diferentes administaracións que teñen competencia na materia. O BNG quere saber se realmente existe coordinación entre institucións e se se actuou coa premura, urxencia e delicadeza que esixe unha situación deste tipo. Segundo informou Paz Abraira o concello de Lugo contratou fai meses a elaboración dun protocolo de intervención interinstitucional para a prevención, detección e intervención en situacións de violencia de xénero. O BNG quere saber se este protocolo foi recibido, cal é o seu contido e se está sendo aplicado.
As preguntas, presentadas polo BNG, centráronse principalmente en saber se houbo algún tipo de intervención ou achegamento, por parte dos servizos sociais do concello de Lugo e da Xunta de Galiza, aos familiares da víctima do asasinato da muller que residía no Camiño Real. E en saber como e cando se materializou a intervención dos servizos sociais neste caso. As deputadas do BNG no congreso dos deputados interesáronse, fundamentalmente, en coñecer como e por qué se eliminou da comisaría de policía de Lugo o Servizo de Atención á Familia que atendía os casos de violencia de xénero.
Diminución nas denuncias por malos tratos
Os medios de comunicación reflexan, no día de hoxe, a reducción no número de denuncias por violencia de xénero. Paz Abraira cualificou de falacia que se sinale como positivo o descenso de denuncias por malos tratos xa que descenden as denuncias pero non os malos tratos. Abraira engadiu que non sei fai unha análise real de que se reducen as denuncias por que, dada a situación de crise actual, as mulleres non se atreven a denunciar por que se saben que fan a denuncia non lles queda outra saída que abandonar o fogar sen ter para onde ir. Abraira achacou esta situación aos recortes do partido popular que están deixando desatendidas ás mulleres víctimas da violencia de xénero, ás súas familias e os seus entornos. Está claramente demostrado que as situacións de crise económica agravan as situacións de violencia doméstica.