O BNG RENOVA OS SEUS ÓRGANOS DE DIRECCIÓN EN LUGO

O BNG RENOVA OS SEUS ÓRGANOS DE DIRECCIÓN EN LUGO

A asamblea local dos nacionalistas, en Lugo, elixiu un novo consello

encabezado polo actual responsabel Alexandre Penas

Lista única cunha importante presenza de xente moza e unha renovación do 50%

Lugo, 02 de abril de 2013. O BNG de Lugo elixiu, en asamblea, o que será o máximo de dirección na localidade de Lugo. Esta elección encádrase dentro do proceso de renovación dos órganos de dirección tras a celebración da XIV asamblea nacional do BNG. A responsabilidade local seguirá en mans do actual reponsabel, Alenxadre Penas, e o consello local estará integrado por un total de 15 persoas e 5 suplentes.

Segundo o responsabel local do BNG de Lugo, Alexandre Penas, “apostamos por continuar coa liña política iniciada polo consello local que agora se renova”. O consello local será quen trace as políticas que o BNG seguirá no concello de Lugo e para Alexandre Penas “é fundamental o contacto coa xente e estar ao carón dos problemas reais da cidadanía”.

Tras a elección do novo portavoz nacional, Xavier Vence, e coa renovación do consello local Alexandre Penas manifestou que “este segue a ser un proxecto ilusiónante e temos que conseguir recuperar o papel político que o BNG sempre tivo entre a sociedade galega, reconectar coa cidadanía, ser a opción da maioría d@s galeg@s e unha alternativa ás políticas neoliberais que encarna o partido popular no Estado español e Galiza”.

A este proceso presentouse unha única lista que foi referendada pola asamblea celebrada hoxe. O novo consello local conxuga experiencia e xuventude, foi renovado nun 50 % das persoas que o compoñen e está integrado por seis mulleres e oito homes. Formarán parte deste consello local os concelleiros electos do BNG no concello de Lugo.

Levantamento, en Lugo, do Capitán Solís

A celebración da asamblea do BNG coincidiu coa conmemoración, o 2 de abril, co aniversario do levantamento protagonizado polo Capitán Solís na cidade de Lugo en 1846. Segundo Murgía nestes días xurdiu a primeira xeración do rexurdimento político galego, dos que destacaba a figura de Antolín Faraldo, ao cal o mesmo Murguía definía como o primeiro e mellor dos precursores do chamado Rexurdimento.  Faraldo criticaba con firmeza o centralismo aplicado pola monarquía borbónica. Esta xeración, con Faraldo en primeira liña, confiaba na necesidade dun xeito diferente de facer política sen ser “unha colonia da Corte”.

O BNG RENOVA OS SEUS ÓRGANOS DE DIRECCIÓN EN LUGO