16 FOTÓGRAFOS DE LUGO AMOSAN UNHA SELECCIÓN DE 10 CAPTURAS REALIZADAS NOS ÚLTIMOS SAN FROILÁNS, E RECOMPÍLANSE AS ILUSTRACIÓNS CONMEMORATIVAS DE IVÁN MOURONTE, DESEÑADOR DO CARTAZ DO SAN FROILÁN 2025

O 22º San Froilán dos Devanceiros repasa a historia recente do proxecto Viva o San Froilán

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, presentou o libro xunto co coordinador do proxecto, Marcos Loopez

16 fotógrafos de Lugo amosan unha selección de 10 capturas realizadas nos últimos San Froiláns, e recompílanse as ilustracións conmemorativas de Iván Mouronte, deseñador do cartaz do San Froilán 2025

O 22º San Froilán dos Devanceiros repasa a historia recente do proxecto Viva o San Froilán




Lugo, 08 de outubro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co fotógrafo lucense Marcos Loopez, coordinador do portal VivaLugo, presentaron o 22º tomo da colección O San Froilán dos Devanceiros, a publicación que a área de Cultura realiza anualmente durante a gran festa do outono galego.

O novo libro, titulado Viva o San Froilán: as festas na mirada de fotógrafas, fotógrafos e ilustradores de Lugo, recompila as fotografías publicadas co proxecto Viva o San Froilán, coordinado por VivaLugo, e que ten como obxectivo principal dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas. Viva o San Froilán leva celebrándose desde o ano 2017, e este libro recolle unha selección de imaxes de 16 fotógrafos de Lugo: Adra Pallón, Alejandro Real, Bego Pérez, Belén Cordero, Esther López, Iago Eireos, Iván Mouronte, Karte (Andrea Prado), Lois Cid, Lorena Grandío, Marcos Loopez, María Viso, Paula Quiroga, Sabela Eiriz, Sara Temes e Xerardo Quintiá. Ademáis, recóllense as ilustracións elaboradas por Iván Mouronte ao remate de cada edición da gran festa do outono galego.

O novo libro da colección O San Froilán dos Devaceiros pode recollerse nas oficinas da área de Cultura de xeito gratuíto. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, destacou a colección de libros como "unha serie de libros que repasan a historia da gran festa do outono galego, que tratou xa asuntos de peso nas festas ao longo dos anos como son o cine, Barriga Verde, o polbo ou os Pelúdez, iconos do San Froilán para distintas xeracións".

 

O 22º San Froilán dos Devanceiros repasa a historia recente do proxecto Viva o San Froilán