MAITE FERREIRO INAUGUROU A EXPOSICIÓN HOXE, ACOMPAÑADA DALGÚNS DOS ARTISTAS QUE EXPOÑEN
41 artistas expoñen no MIHL Arte e Amizade, “unha exposición froito da idea dea convivencia das miradas capaces de traspasar fronteiras”
Arte e Amizade une obras de autores de Galiza e Portugal
Lugo, 29 de outubro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou no día de hoxe a exposición Arte e Amizade, na que 41 artistas de Galiza e Portugal expoñen as súas obras “facendo desaparecer as fronteiras”. Nesta exposición, variedade de temas, estilos e técnicas conxúganse harmonicamente, converténdoa en única, “froito da idea de convivencia das miradas capaces de traspasar fronteiras”. A presentación contou coa actuación musical do grupo de cantareiras de Afundación, do cantante Fernando Losada, do músico David Taboada e do departamento de portugués da Escola de Idiomas de Lugo.
Arte e Amizade conta con obras de Jorge Agra, José Luis Aguilar, Luísa Arbiol, Helena Caldeira, Constantino Cuesta (Tino), Graça Cunha, Alexandra de Basto, Iraceia de Oliveira, Iago Eireos, Fina Eireos, jorge Espiral, Clara Ferrão, Rosa Gallego del Peso, Joaquín García-Gesto, Javier Granados Centeno, Dolores Guerrero, Honorio, Juan Lomarti, Diego López Fernández, Lugilde, Miguel A. Macía, Quique Muruáis, Odeza, Isabel Pardo, Marian Paredes Villaronga, Concepción Paz Montenegro, Luisa Paz Montenegro, Soledad Penalta, Peña Romay, María Luisa Pérez Novoa, Noa Persán, Pintao (antes Señor Bordell), Isabel Pintado, Pitelos, Carmen Prado, María Amélia Ramos, Xermán Refojo, COnceição Ruivo, Saro, Xesús Vázquez e Xoán Vila.
Maite Ferreiro animou a toda a veciñanza a visitar a exposición, “que é arte exponencial xa que á multitude de propostas hai que sumarlle a multitude de miradas diferentes que fan que esta exposición veña falarnos de poder, liberdade, igualdade, democracia, identidade, filosofía, memoria ou de todo o contrario”.