AS COMPETENCIAS EN EDUCACIÓN, EXCLUSIVAS DA XUNTA DE GALIZA, "SON ASUMIDAS CUN GRAN ESFORZO POLO CONCELLO PORQUE A XUNTA DEIXA DE LADO A SÚA RESPONSABILIDADE", EXPLICOU MAITE FERREIRO

Abre o prazo para solicitar os comedores escolares dos centros públicos de Lugo

As competencias en educación, exclusivas da Xunta de Galiza, "son asumidas cun gran esforzo polo Concello porque a Xunta deixa de lado a súa responsabilidade", explicou Maite Ferreiro

Todos os centros contan con servizo de comedores e de madrugadores, con quendas de entrada desde as 7:30

Abre o prazo para solicitar os comedores escolares dos centros públicos de Lugo





Lugo, 23 de agosto de 2024. A concelleira Maite Ferreiro, responsábel da concellería de Educación e Difusión do Coñecemento, anunciou que vén de abrir o procedemento para solicitar praza nos comedores escolares dos centros de ensino públicos de Lugo. Ferreiro destacou que este servizo se prestará en todos os centros desde o 1º día de curso e lembrou que "desde a nosa chegada ao goberno conseguimos que todos os centros públicos de Lugo conten con servizo de madrugadoras e madrugadores, un servizo necesario para moitas familias debido ás súas xornadas laborais".

As inscricións para usuarios fixos no servizo poderá realizarse ata o 31 de agosto, mentres que as prazas para usuarios esporádicos poderán realizarse ata as 20:00 do día lectivo anterior. Os prezos son de 3.96€ ao día usuarios fixos do servizo de comedor (que poderán solicitar días soltos da semana ou os 5 días), mentres que para os esporádicos é de 5,06€. O servizo de madrugadoras e madrugadores conta cun prezo único de 1,98€ ao día e permite a entrada nos centros en diferentes quendas a partir das 7:30 da mañá. As familias poden obter máis información sobre os comedores escolares a través da páxina web do Concello de Lugo ou nas oficinas da concellería de Educación.

Unha vez pechado o prazo de solicitude de praza, e no caso de que as solicitudes de inscripción sexan maiores que a capacidade total do comedor, tódalas solicitudes recibidas serán baremadas para a admisión no servizo, tendo preferencia de entrada, seguindo esta orde:
1º - Solicitude de usuario fixo 5 días semanais
2º - Ambos proxenitores traballan en horario de comedor
3º - Familias monoparentais
4º - Irmáns
5º - Sorteo
Todas as solicitudes entregadas que non obtiveran praza, quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante no servizo e irán entrando en orde seguindo os criterios anteriores.
Queda aberta a inscripción, durante o resto do curso, baremando cada mes, sempre que haxa prazas vacantes, e despois de que entrasen tódolos usuarios que realizaron a inscripción no primeiro prazo.

Ferreiro "desde a concellería de Educación reclamamos en múltiples ocasións á Xunta que asuma as súas competencias en materia educativa, animamos unha vez máis á Xunta a facerse cargo das súas responsabilidades". Segundo Maite Ferreiro, "resulta lamentable que o Concello teña que asumir este servizo pola única razón de que a Xunta se nega a facer o seu traballo"

Abre o prazo para solicitar os comedores escolares dos centros públicos de Lugo