NAS VINDEIRAS SEMANAS COMEZARÁN OS TRABALLOS DE RENOVACIÓN DA CAPA DE RODADURA DUNHA VÍA QUE ACOLLE UNHA GRAN INTENSIDADE DE TRÁFICO PESADO, AO TRATARSE DA PRINCIPAL VÍA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES DESDE A ESTACIÓN

Rubén Arroxo anuncia a renovación do asfalto da avenida Anxo López Pérez



Nas vindeiras semanas comezarán os traballos de renovación da capa de rodadura dunha vía que acolle unha gran intensidade de tráfico pesado, ao tratarse da principal vía de saída dos autobuses desde a Estación

Arroxo: "Seguimos atendendo ás reclamacións veciñais para garantir o bo estado dos viais públicos"

Rubén Arroxo anuncia a renovación do asfalto da avenida Anxo López Pérez



Lugo, 22 de agosto de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Tenencia de Alcaldía renovará o asfalto na avenida Anxo López Pérez. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas". O Tenente Alcalde afirmou que "esta vía soporta unha importante carga de tráfico pesado, ao tratarse da principal saída dos buses desde a estación", e explicou que "con esta actuación renovaremos o asfalto, que se atopa desgastado, garantindo o bo estado da vía durante os próximos anos".

A solución que se realizará por parte do Goberno de Lugo consiste na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal. A actuación conta cun orzamento próximo aos 41.000€. A Tenencia de Alcaldía executará esta repavimentación antes do comezo do curso escolar, buscando reducir as molestias ás familias.

Desede a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

Arroxo lembrou que o Goberno de Lugo está a planificar diversas intervencións nos viais públicos de toda a cidade. Zonas como San Fiz, a Garaballa ou a Avenida da Coruña teñen planificadas renovacións de asfalto para os vindeiros meses.

Rubén Arroxo anuncia a renovación do asfalto da avenida Anxo López Pérez