OLGA GARCÍA, CONCELLEIRA DO BNG EN CASTRO DE REI :"SEGUIMOS A RECLAMAR QUE REABRA ESTE CONSULTORIO PRECISO PARA QUE A VECIÑANZA DAS PARROQUIAS AFECTADAS TEÑAN ATENCIÓN MÉDICA PRETO DAS SÚAS VIVIENDAS"

O BNG de Castro de Rei segue reivindicar a reapertura do consultorio de Castro de Rei

A concentración tivo lugar este domingo 25 diante do consultorio de Castro de Rei

Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei :"Seguimos a reclamar que reabra este consultorio preciso para que a veciñanza das parroquias afectadas teñan atención médica preto das súas viviendas"

O BNG de Castro de Rei segue reivindicar a reapertura do consultorio de Castro de Rei

 

Castro de Rei, 25 de agosto de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei coa concelleira, Olga García á cabeza, volveu concentrarse coa veciñanza das parroquias afectadas polo peche do consultorio de Castro de Rei.

O consultorio de Castro de Rei leva todo o verán pechado e a veciñanza das parroquias afectadas teñen que desprazarse ata Castro Riberas de Lea para ter atención médica "a veciñanza das parroquias afectadas xa estan cansas de que o PP os ningunee, o servizo médico precisase durante todo o ano" declara Olga García.

No último pleno o BNG de Castro de Rei presentou unha moción para instar ao Sr. Alcalde a que se posicionara de lado da veciñanza e esixise á Xunta de Galicia a apertura deste centro, esta moción ía acompañada de 200 sinaturas recollidas polas parroquias afectadas " o grupo municipal do PP votou en contra desta moción, esta claro de parte de quen esta o Sr. Balado e a súa equipa" informa a concelleira nacionalista.

A concelleira subliñou "é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, supón unha vulneración flagrante dos dereitos fundamentais da veciñanza afectada pois impede o seu acceso á sanidade pública e afonda nunha maior desigualdade da poboación de concellos rurais" e incidiu "o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice" pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse 20 km ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos".

O BNG de Castro de Rei segue reivindicar a reapertura do consultorio de Castro de Rei