ACUMULACIÓN DE LIXO E MALEZA NALGUNHAS PARCELAS NA ZONA DA ABELLA
O BNG PIDE QUE SE ADOPTEN MEDIDAS COA
Paz Abraira sinalou que os propietarios teñen que cumprir coa normativa independentemente de que sexan bancos ou construtores
Lugo, 20 de xaneiro de 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou que presentará unha serie de preguntas na comisión de urbanismo e medio ambiente sobre o estado dalgúns predios e parcelas da zona da Abella e Lamas de Prado. Paz Abrair sinalou que recibira numerosas queixas de veciñas e veciños da zona sobre a acumulación de lixo, a existencia de maleza e a presenza de roedores na zona.
Abraira pediu unha acción decidida do goberno municipal para que se limpen as parcelas que non están edificadas, e permanecen sen pechar, na zona de Lamas de Prado e no barrio da Abella. Paz Abraira lembrou que o BNG xa tiña denunciado este tipo de situacións nesta e noutras zonas da cidade e pediu que o goberno dadopte medidas e esixa aos propietarios, sexan quen sexan, que cumpran coa normativa vixente igual que fai noutros casos.
Paz Abraira sinalou que os propietarios teñen que cumprir coa normativa independentemente de que sexan bancos ou construtores e engadiu que o goberno non pode escudarse en dicir que lle resulta complexo localizar aos propietarios. Abraira apuntou que o concello ten mecanismos para acutar no caso de que os propietarios non o fagan o concello pode executar a limpeza e o peche e despois repercutirlle o custe aos propietarios das parcelas.
O BNG PIDE QUE SE ADOPTEN MEDIDAS COA ACUMULACIÓN DE LIXO E MALEZA NALGUNHAS PARCELAS NA ZONA DA ABELLA