O BNG CRÍTICA QUE O PSOE NON ABORDE A PROBLEMÁTICA DOS EXCLUIDOS DO PLAN DE ALUGUEIRO

O BNG CRÍTICA QUE O PSOE NON ABORDE A PROBLEMÁTICA DOS EXCLUIDOS DO PLAN DE ALUGUEIRO

IMG_3686A concelleira do  BNG Cristina Ferreiro dixo que “os servizos sociais do concello deben traballar a favor dos veciños e non limitarse só á burocracia" logo da Comisión de Benestar Social

“O actual sistema é perverso e penaliza ás persoas que viven en peores condicións xa que exclue a quenes residen en vivendas que non cumpren as condicións mínimas” dixo Cristina Ferrerio 

Lugo, 26 de xaneiro de 2015. Tras a celebración da comisión de Benestar do concello de Lugo, a concelleiro do BNG, Cristina Ferreiro criticou a actitude do goberno municipal socialista no referente ao proceso de adxudicación das axudas do concello para o alugueiro de vivenda. A nacionalista lembrou que o BNB presentou, para esta comisión unha serie de propostas para que os servizos sociais do Concello realizaran accións específicas a prol das 43 familias que foron descartadas das axudas do Plan de Alugueiro por vivir en vivendas que non cumpren os mínimos legais de habitabilidade.

“A resposta do goberno municipal ante estes casos é nula”, dixo Cristina Ferreiro, e “non é comprensible que coñecendo a situación destas familias non se faga nada para cambiar a súa situación”. Ferreiro dixo que “o actual sistema é perverso e penaliza ás persoas que viven en peores condicións”. “Os servizos sociais do concello deberán abordar cun plan específico o caso destas 43 familias e non permitir que sigan a vivir en condicións que non reúnen uns mínimos de habitabilidade, que é o obxectivo lóxico das Axudas de Aluguer de Vivenda” dixo Cristina Ferreiro.

A edil nacionalista explicou que “aqueles que viven en vivendas con peores condicións son excluídos das axudas por que as vivendas non cumpren as condicións e tampouco poden saír delas por que as axudas concédense tarde”. Esta circunstancia dáse nun total de 43 familias. “Se o concello detecta que se están alugando vivendas indignas e que hai xente lucrándose da miseria dos demais terá que actuar” afirmou Ferreiro e engadiu que “deberan tomarse as medidas necesarias para evitar esta situción dentro do posible”.

Cristina Ferreiro criticou a actitude da edil responsábel de asuntos sociais por “esconderse detrás da propaganda” e non elaborar un programa de intervención para evitar que se lles retira a axuda ás persoas que viven en peores condicións por que a vivenda non cumpre cos requisitos mínimos esixidos. O BNG xa solicitou que o concello actúe para evitar que “haxa un lucro inxusto de xente aluga locais que non son aptos para a residencia de persoas”.

O BNG CRÍTICA QUE O PSOE NON ABORDE A PROBLEMÁTICA DOS EXCLUIDOS DO PLAN DE ALUGUEIRO