DENDE O BNG SINALARON MEDIO CENTO DE CUESTIÓNS QUE ESTÁ PENDENTES DE RESOLVER NO CONCELLO QUE “É A VERDADEIRA DÉBEDA DA ALCALDESA” DIXO ARROXO
“A alcaldesa prioriza pagarlles aos bancos, pero mantén a súa débeda con Lugo”
O voceiro do BNG sinalou que “o PSOE entrégalle os cartos aos bancos por que son incapaces de xestionar o orzamento municipal para mellorar a vida das persoas”
Lugo, 19 de outubro de 2017. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, sinalou a falta de capacidade do goberno municipal para executar o orzamento do concello. “O BNG-AA concorda na necesidade de amortizar a débeda que o propio PSOE provocou, pero entendemos que a prioridade debería ser cubrir as necesidades dos lucenses” e engadiu “é triste que o maior éxito de este goberno sexa pagarlles aos bancos, mentres que continuamos con moitas carencias na cidade e no rural do concello”.
O voceiro do BNG sinalou que “o PSOE entrégalle os cartos aos bancos por que son incapaces de xestionar o orzamento municipal para mellorar a vida das persoas” e Rubén Arroxo sinalou máis de medio cento de cuestión que están pendentes de resolver no concello:
- Zona Pública de Baño
- Rematar a Biblioteca da Piringalla
- Instalar o ascensor do Sgdo. Corazón
- Instalar o ascensor de Fontiñas
- Dar solución ao sistema de regulación de aparcamento na cidade.
- Crear un aparcamento público na zona do HULA
- Asfaltado de pistas no rural
- Crear aparcadoiros disuasorios na cidade
- Peonalizar o tramo da Mosqueira e o resto da ronda da Muralla
- Arranxo do parque do Miño
- Creación de Hortos Urbanos
- Peonalización do casco histórico
- Eliminación do tapón urbanístico da Av da Coruña
- Eliminación do tapón urbanístico situado entre os números 362 e 372 da av. da Coruña.
- Eliminación do tapón urbanístico situado na rúa dona Urraca.
- Eliminación dos tapóns urbanísticos situados no barrio de Recatelo.
- Eliminación do tapón urbanístico situado no carril das Hortas.
- Eliminación do tapón urbanístico situado da rúa Orquídea.
- Eliminación do tapón urbanístico situado no camiño de Pipín.
- Eliminación do tapón urbanístico situado na rúa San Froilán.
- Mellora do sistema de evacuación de augas pluviais no Ceao.
- Dotar de persoal os servizos sociais do Concello
- Dotar de dirección a Banda Municipal de Lugo
- Dotar de persoal o parque de bombeiros
- Crear unha Escola Municipal de Teatro
- Restaurar os Caneiros do Río
- Remate das obras da praza de Abastos
- Crear piscinas termais no entorno do Miño
- Acometer o saneamento no rural
- Dotar de abastecemento de auga ao rural
- Poñer en marcha o sistema de préstamo de bicicletas
- Eliminar os semáforos da ronda da Muralla
- Converter a Av. da Coruña, no primeiro tramos, en vía unidireccional
- Eliminar os vertedoiros incontrolados que están por todo o entorno da cidade
- Arranxar o pozo de tormenta que provoca a contaminación do río Rato na Garaballa
- Substituír os pavimentos da beirarrúas para mellorar a accesibilidade
- Acometer o proxecto de excabación do Castro da Piringalla
- Crear un rocódromo para a práctica da escalada
- Dar solución á unión do parque Marcos Cela coa zona do río.
- Facer a rotonda na rúa San Eufrasio
- Reformular o tráfico en Fontiñas
- Crear unha zona para a práctica do Skate
- Colocación de marquesinas nas paradas de bus en diversas zonas da cidade
- Instalacióin de puntos de luz no Parque Marcos Cela
- Peonalización da Calzada da Ponte
- Arranxo do paso baixo a N-VI que une da acceso ao Anxo Carro.
- Instalación de pasos de peóns elevados nas zonas 30
- Potabilizadora antiga como Centro de Interpretación do río Miño
- Antiga depuradora como Centro deportivo e de ocio no medio ambiente
- Arranxo das rúas da urbanización situada na Fervedoira
- Substitución do sistema de caldeiras nas instalacións deportivas de Frigsa por enerxía renovables.
- Eliminación de simboloxía franquista en edificios públicos.
- Mantemento do mobiliario en todos os barrios