O EDIL DE INFRAESTRUTURAS AFIRMOU QUE "PASOU O NADAL E A XUNTA NON ABRIU OS APARCADOIROS DAS SÚAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DA CIDADE, AÍNDA QUE NESTAS DATAS ESTIVERON BALEIROS"

Alexandre Penas: "A Xunta perdeu unha oportunidade para mellorar Lugo"



O edil de Infraestruturas afirmou que "pasou o Nadal e a Xunta non abriu os aparcadoiros das súas instalacións do centro da cidade, aínda que nestas datas estiveron baleiros"

Penas destacou que a apertura nas datas de Nadal "sería especialmente boa para o comercio local do centro, con máis veciñas e veciños achegándose aos distintos negocios"

Alexandre Penas: "A Xunta perdeu unha oportunidade para mellorar Lugo"



Lugo, 07 de xaneiro de 2025. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, criticou que unha vez rematada a tempada de Nadal, a Xunta non abrise os aparcadoiros dos institutos do centro da cidade, unha medida que, segundo o concelleiro é "unha oportunidade perdida para mellorar Lugo".

Penas destacou que o Partido Popular podía ter colaborado para que no Nadal o centro de Lugo contase con máis espazos para aparcar abrindo os aparcadoiros dos IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti, "facilitando que a xente se desprace ao centro para realizar as súas compras apoiando o comercio local en datas na que estes estacionamentos estiveron baleiros", explicou.

Penas afirmou que o PP "marxina á cidade de Lugo", e destacou que "seguiremos traballamdo para que as veciñas e veciños poidan utilizar estes espazos fóra do horario de uso polo persoal dos centros, tal e como acontece no Concello co aparcadoiro do Seminario".

Alexandre Penas lembrou que "o Partido Popular anunciou desde a Xunta que estes aparcadoiros se ían abrir, pero seguimos a ver como non executan unha solución tan simple como darlle a un botón e permitir á veciñanza utilizar este espazo".

Alexandre Penas: "A Xunta perdeu unha oportunidade para mellorar Lugo"