DANIEL DO PANDO SERÁ O ENCARGADO DESTA INICIATIVA QUE TERÁ LUGAR NA TRADESCOLA O VENRES 15 DE NOVEMBRO EN HORARIO DE TARDE

A área de Cultura organiza xunto coa Tradescola unha charla-coloquio sobre a trompa-birimbao

Daniel Do Pando será o encargado desta iniciativa que terá lugar na Tradescola o venres 15 de novembro en horario de tarde

A área de Cultura organiza xunto coa Tradescola unha charla-coloquio sobre a trompa-birimbao






Lugo, 13 de novembro de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con Mónica Fernández, representante da Tradescola, o novo obradoiro de música tradicional o vindeiro venres día 15 de novembro en horario de 16.00 a 20.00 horas. Con esta xornada preténdese achegar este instrumento e manter viva unha tradición transmitida de forma oral de xeración en xeración.

Esta actividade, que conta coa axuda da area de Cultura do Concello de Lugo, é de balde previa inscrición, que pode tramitarse contactando coa Tradescola

Trompa, birimbao ou arpa de boca son algúns dos diversos termos cos que se designa este instrumento musical formado por unha lingüeta de aceiro fixada a un marco, normalmente de ferro ou aceiro, por medio dunha cuña incrustada nun pequeno furado situado na parte posterior.

Funciona en contacto coa cavidade bucal, que actúa como aparato resoador. Ao pulsar a lingüeta esta vibra producindo unha nota fundamental e unha serie harmónica, dando a posibilidade de crear tanto ritmos como melodías.

Presente en diferentes culturas de todo o mundo, con gran variedade de formas, tamaños, nomes e usos, destaca a súa capacidade de adaptación aos contextos socioculturais, ao tempo e á propia música. Mantívose vivo dun xeito relevante na zona de A Fonsagrada, onde se conservou de forma tradicional tanto a técnica interpretativa como a construtiva, chegando a ser moi popular o seu uso, normalmente solista.

A área de Cultura organiza xunto coa Tradescola unha charla-coloquio sobre a trompa-birimbao