A NOVA ESTRUTURA ESTÁ DIVIDIDA EN DIFERENTES BANCAIS, QUE MELLORAN A INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA DA ZONA E ELIMINAN AS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS, CREANDO NOVAS NOVAS ZONAS VERDES E UN NOVO PASO ACCESIBLE ENTRE O BARRIO DE RECATELO E O PARQUE DE ROSALÍA
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a reconstrucción do muro de Frai Plácido Rei Lemos
O Tenente Alcalde destacou "o bo ritmo da obra, que xa está a piques de rematar"
A nova estrutura está dividida en diferentes bancais, que melloran a integración paisaxística da zona e eliminan as barreiras arquitectónicas, creando novas novas zonas verdes e un novo paso accesible entre o barrio de Recatelo e o Parque de Rosalía
Lugo, 13 de novembro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas visitaron a rúa Frai Plácido Rei Lenmos, onde o Goberno de Lugo está a executar unha reconstrucción integral da estrutura. O Tenente Alcalde destacou "o bo ritmo" desta intervención, e anunciou que a construcción do novo muro "está a piques de rematar xa", coa construcción dos distintos bancais practicamente rematada, o que reduce as cotas existentes entre a rúa Frai Plácido Rei Lemos e o Parque de Rosalía.
"Crearemos un percorrido accesible para toda a veciñanza creando unha rampa accesible pola fronte do muro, na zona que parte do final do Paseo Vila de Foz, que remate na rúa Cidade de Viveiro, conectando o barrio de Recatelo co Parque sen barreiras arquitectónicas, avanzando nunha cidade máis accesible para todas as persoas", declarou o Tenente Alcalde.
A reconstrucción busca mellorar a integración paisaxística do muro, ao mesmo tempo que busca eliminar a barreira arquitectónica que supón a diferencia de cotas, aplicando criterios como a o respecto polo entorno e a calidade estética da solución. A diferencia de alturas resolverase cunha solución máis orgánica e integrada que a actual, fuxindo da reconstrucción dun muro de gran altura que non dialoga coa contorna. "Realizarase un escalonamento do muro en distintos bancais, o que permitirá mellorar o impacto visual da estrutura", explicou Rubén Arroxo.
No primeiro dos bancais, o máis próximo á rúa Frai Plácido Rei Lemos, proponse unha zona completamente axardinada, "creando unha nova zona verde na cidade para o desfrute de toda a veciñanza, e avanzando no obxectivo de crear un gran pulmón verde nas rúas de Lugo, reducindo a temperatura do pavimento especialmente nos días de máis calor", afirmou Rubén Arroxo. O segundo dos bancais contará cunha praza arbolada, plantexada como un pequeno espazo de descanso para a veciñanza. Este bancal permitirá dar unha imaxe máis orgánica ao conxunto ao mesmo tempo que consigue unha mellor integración do muro coa contorna e reduce o impacto paisaxístico.