OLALLA RODIL LAMENTOU QUE A XUNTA "TEN A MÁIS DE 1200 CRIANZAS SEN ATENCIÓN PEDIÁTRICA FROITO DAS POLÍTICAS DE RECORTES QUE O PP LEVA ANOS APLICANDO EN MATERIA DE SANIDADE"

O BNG reclamara no Parlamento Galego a urxente reposición do servizo de pediatría nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei

Olalla Rodil lamentou que a Xunta "ten a máis de 1200 crianzas sen atención pediátrica froito das políticas de recortes que o PP leva anos aplicando en materia de sanidade"

O BNG reclamara no Parlamento Galego a urxente reposición do servizo de pediatría nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei

 

 

 

Castro de Rei, 12 de novembro de 2024. A deputada do BNG, Olalla Rodil presentou no Parlamento galego as deficiencias pediátricas que teñen os concellos de Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito. O vindeiro xoves debaterase unha proposición non de lei onde se pide a urxente reposición do servizo de pediatra nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei.

Actualmente, estes tres municipios quedaron sen pediatra ao non cubrir o SERGAS a baixa laboral da persoa titular. Esta situación fai que as nenas e nenos sexan atendidos por médicos de familia, non pediatras, ou que se vexan obrigadas as familias a acudir ás urxencias pediátricas do HULA.

Nunca nos atreveriamos a discutir se un médico de familia ten a capacidade para unha atención pediátrica de calidade e lamentablemente os médicos de familia tamén escasean o que provoca listas de espera para acceder ás consulta. Aínda que consideramos que están moi capacitados, non deixan de seren especialistas noutras disciplinas , "non en pediatría". Esta circunstancia levou as familias dos tres concellos a reclamar "o dereito da mellor atención posible para os fillos e fillas" e en todo caso, "en igualdade con outras nenas e nenos do seu entorno", porque estas nais e país, afirmou Olalla Rodil, "teñen dereito a ter unha asistencia pediátrica de calidade e nos seus concellos".

Rodil denunciou "a capacidade que a enfermería pediátrica ten para abordar os coidados das criaturas en idade infantil, pero unha enfermeira pediátrica non é un servizo de pediatría",e xa non vale facer trampas como o ano pasado que anunciaron que Outeiro de Rei contaría con asistencia pediátrica a tempo completo pero o que ía ter era pediatra un día á semana e enfermeira pediátrica tódolos días. "Ambas especialidades son importantes e complementarias e realizan traballo autónomo, pero non serven para intercambiar competencias", sentenciou a deputada.

Non se trata pois da calidade dos profesionais, trátase da "calidade do sistema e das políticas sanitarias" que se deseñan e implementan para dar resposta ás necesidades da poboación.

"Os tres concellos compartían unha pediatra, 2 días en Cospeito que ten 318 crianzas, 2 en Castro de Rei con 440 e 1, o venres en Outeiro con 621 crianzas que quedan sen atención médica pediátrica", o único que pedimos é que as persoas que fan a súa vida nestes concellos teñan un ou unha médica especialista á que levar ás súas rapazas e rapaces.

Olalla Rodil afirmou que os nenos e nenas son "o futuro do país" e neste caso, nos concellos de Lugo son "o futuro do noso rural".

O BNG reclamara no Parlamento Galego a urxente reposición do servizo de pediatría nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei