RUBÉN ARROXO: “PRETENDEMOS FACILITAR QUE AS PERSOAS QUE DECIDAN PASEAR POLA RONDA POIDAN MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE CUN NOVO PERCORRIDO PEONIL DE 2.5 KM”

A área de Mobilidade habilitará un carril da ronda da Muralla para a circulación de peóns

O Tenente de Alcalde lembrou da importancia de circular pola beirarrúa dereita, e no mesmo sentido do tráfico na Muralla

A área de Mobilidade habilitará un carril da ronda da Muralla para a circulación de peóns

Lugo, 07 de maio de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir de mañá se pechará ao tráfico un carril da ronda da Muralla debido ao elevado número de persoas que nestes días están a utilizar a ronda da Muralla para pasear. Segundo Rubén Arroxo, “con esta medida pretendemos facilitar que as persoas que deciden pasear pola ronda poidan manter a distancia de seguridade habilitando un novo paseo peonil de 2.5 km no centro de Lugo”.

“Nestes primeiros días de saídas controladas, a ronda da Muralla foi un dos percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear”, declarou Rubén Arroxo, que afirmou que “a peonalización dun carril non producirá conxestión no tráfico debido á redución do tráfico”.

Rubén Arroxo lembrou que “desde a área de Mobilidade recomendamos á veciñanza que camiñe pola Muralla que o faga no mesmo sentido que o tráfico”. Segundo o Tenente de Alcalde, “nestes días vólvese importante tamén cumprir co código de circulación e pasear pola beirarrúa dereita”.

A área de Mobilidade habilitará un carril da ronda da Muralla para a circulación de peóns