CRISTINA LÓPEZ: “TEMOS EN CONTA AS CUESTIÓNS RELATIVAS Á HIXIENE E Á SEGURIDADE SANITARIA”

O concello solicita á subdelegación do goberno e á Xunta de Galiza instruccións para a reapertura dos mercados

O concello solicitará por escrito as instrucións precisas sobre como e cando reabrir os mercados despois das diferentes interpretacións a respecto da norma das dúas administracións e da prohibición de mercados noutros concellos

O concello solicita á subdelegación do goberno e á Xunta de Galiza instruccións para a reapertura dos mercados

Lugo, 08 de maio de 2020. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou os espazos do Mercado de Frigsa xunto con persoal municipal para concretar como se realizará a redistribución de espazos de cara a permitir a reapertura dos mercados a partir deste domingo. Segundo indicou a edil Cristina López, “debido á diferencia de criterios entre o goberno do Estado e a Xunta de Galiza, e á prohibición de mercados noutros concellos, solicitaremos instruccións por escrito a ambas administracións para saber cando e como reabrir os mercados de Lugo”.

“Desde a área de Participación temos en conta as cuestións relativas á hixiene e á seguridade sanitaria”, afirmou Cristina López, que engadiu “ademais, no mercado de Frigsa existe un compoñente relativo á seguridade pública e á necesidade de presencia policial, polo que decidimos contactar con todas as administracións implicadas”. Cristina López afirmou que “desde o Concello de Lugo estamos actuando con cautela porque queremos facer as cousas ben, mais queremos ter todo listo para realizar a apertura cando se permita”.

A área de Participación ten preparados protocolos para limitar o número de postos a habilitar, aumentando a distancia de seguridade entre eles. “Ademais, temos preparados elementos persoais de protección para entregar ás persoas responsábeis dos postos e reducir así ao máximo as posibilidades de contaxio”, afirmou Cristina López, que precisou que entre o material a entregar se atopan máscaras cirúrxicas e pantallas de protección elaboradas polo IES As Mercedes a quen Cristina López agradeceu “a súa estreita colaboración co Concello de Lugo”.

O concello solicita á subdelegación do goberno e á Xunta de Galiza instruccións para a reapertura dos mercados