O TENENTE DE ALCALDE LEMBROU DA IMPORTANCIA DE CIRCULAR POLA BEIRARRÚA DEREITA, E NO MESMO SENTIDO DO TRÁFICO NA MURALLA

Abre ao público o novo percorrido peonil da ronda da Muralla habilitado pola área de Mobilidade

Rubén Arroxo: “Lugo conta con moitos espazos verdes, parroquias e barrios dos que se pode desfrutar camiñando e evitando as aglomeracións no centro

Abre ao público o novo percorrido peonil da ronda da Muralla habilitado pola área de Mobilidade

Lugo, 08 de maio de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou o novo percorrido peonil habilitado na Ronda da Muralla. A área de Mobilidade pechou o carril interno do vial, “habilitando unha nova zona de paseo para peóns de 2.5 Km no centro de Lugo”, indicou Rubén Arroxo.

“Debido á redución de tráfico, o peche do carril interno da Ronda permitirá aumentar espazos para o paseo, facilitando manter a distancia de seguridade, e non producirá conxestións de tráfico”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “durante os primeiros días de saídas controladas, tanto a Muralla como a Ronda foron os percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear”.

Arroxo animou tamén á xente a saír a pasear pola periferia da cidade e sinalou que “Lugo conta con moitos espazos verdes, parroquias e barrios dos que se pode desfrutar camiñando e evitando as aglomeracións no centro”. Rubén Arroxo lembrou que “desde a área de Mobilidade recomendamos á veciñanza que camiñe pola Muralla e por este novo espazo que o faga no mesmo sentido que o tráfico”. Segundo o Tenente de Alcalde, “nestes días vólvese importante tamén cumprir co código de circulación e camiñar pola beirarrúa dereita”.

Abre ao público o novo percorrido peonil da ronda da Muralla habilitado pola área de Mobilidade