RUBÉN ARROXO: “TRÁTASE DUNHA ACTUACIÓN NECESARIA DEBIDO AO ESTADO QUE PRESENTABA ESTA RÚA”

A área de Mobilidade renova o asfalto do tramo da avenida da Coruña fronte ao parque de Frigsa

Para levar a cabo a actuación realizouse o peche provisional dun carril de circulación

A área de Mobilidade renova o asfalto do tramo da avenida da Coruña fronte ao parque de Frigsa

Lugo, 28 de maio de 2020. Durante o día de hoxe, desde a área de Mobilidade e Infraestruturas realizouse o arranxo do asfalto da avenida da Coruña, entre a rúa Camiño de Pipín e a avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez. Segundo informou o Tenente de Alcalde, e concelleiro responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, “trátase dunha actuación necesaria debido ao estado que presentaba esta rúa, e que aproveitamos para realizar co inicio dos traballos da adaptación do novo plan de tráfico do barrio da Milagrosa”.

Debido ao desenvolvemento dos traballos, fíxose necesario o peche dun carril de circulación e a eliminación temporal de prazas de estacionamento, que foron debidamente sinalizados con antelación para informar á veciñanza da contorna. “Desde a área de Mobilidade planificamos a actuación tentando interferir o mínimo posíbel na circulación”, afirmou Rubén Arroxo.

Segundo Rubén Arroxo, “estamos a realizar intervencións moi demandadas pola veciñanza da zona”. Rubén Arroxo lembrou que “as actuacións nesta vía son necesarias debido á cantidade de tráfico que acollen cada día".
A área de Mobilidade renova o asfalto do tramo da avenida da Coruña fronte ao parque de Frigsa