A RESTAURACIÓN DO BUSTO FOI REALIZADA POLO ESTUDO LUCENSE PARTELUZ

Comeza a última fase da restauración do busto de Xoán Montes

Alexandre Penas: “realizarase a limpeza das pezas de mármore e granito eliminando restos de óxido, pintadas e manchas”

Comeza a última fase da restauración do busto de Xoán Montes

Lugo, 28 de maio de 2020. No día de hoxe comezou na praza Maior a última fase do proceso de restauración do busto de Xoán Montes. O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou de que “nesta última fase, limparanse as pezas de granito e de mármore, eliminando restos de óxido ademais de pintadas e manchas”.

O edil de Infraestruturas Urbanas lembrou que todo o proceso de restauración foi realizado polo estudo de arquitectura Parteluz, que eliminou a suciedade mantendo as marcas de envellecemento propias da peza. Penas informou que “o proceso de limpeza é o paso previo ao remate da actuación e a unha posíbel reapertura da figura”.

“A ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza Maior, o Círculo das Artes e a Catedral”, lembrou Alexandre Penas, que engadiu “o traslado faise por iniciativa de varios colectivos culturais de Lugo, e ten o obxectivo de resituar a figura do músico no centro de Lugo“.

O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión de 18.000 euros.

Comeza a última fase da restauración do busto de Xoán Montes