CRISTINA LÓPEZ: "UN ESCAPARATE DE TALENTO FEMININO QUE CHEGARÁ A LUGO PARA CONSOLIDARSE COMO UN ESPAZO DE REFERENCIA PARA MULLERES REFERENTES NOS SEUS SECTORES"

A área de Participación colabora con Mulleres Empresarias no I Mercado de Perséfone

A Praza da Soidade acollerá os días 28 e 29 de setembro de 10 horas a 20 horas esta feira que dará visibilidade ás mulleres emprendedoras

Cristina López: "Un escaparate de talento feminino que chegará a Lugo para consolidarse como un espazo de referencia para mulleres referentes nos seus sectores"

A área de Participación colabora con Mulleres Empresarias no I Mercado de Perséfone

 

 

Lugo, 13 de setembro de 2024. A concelleira de Participación, Cristina López, xunto á presidenta da Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo, Anjhara Gómez Rodríguez, vén de presentar o I Mercado de Perséfone que se celebrará os días 28 e 29 de setembro na Praza da Soidade de Lugo, en horario de 10 a 20 horas.

"Trátase dun evento único destinado a fomentar a visibilidade e o crecemento das mulleres emprendedoras en diversos sectores, que expoñerán os seus produtos e servizos nunha contorna dinámica e colaborativa", explica a concelleira de Participación.

Un escaparate de talento feminino que chegará a Lugo para consolidarse como un espazo de referencia para mulleres referentes nos seus sectores e onde, indica López, "as persoas asistentes poderán descubrir unha ampla gama de iniciativas innovadoras, todas impulsadas por mulleres comprometidas co desenvolvemento económico e social de Lugo".

A área de Participación colabora con Mulleres Empresarias no I Mercado de Perséfone