O VOCEIRO DO BNG-AA OPTOU POR ESTA VÍA DE COMUNICACIÓN “PARA CHEGAR DUN XEITO DIRECTO A QUEN TEN A RESPONSABILIDADE SOBRE OS TERREOS DE AS SAAMASAS”

Arroxo envioulle un whatsapp a Campos para tratar de desbloquear a creación da zona pública de baño

Captura whatsapp Darío Campos

Rubén Arroxo afirmou “a comunicación ten que ser áxil e entendemos que as institucións deben buscar solucións e non bloquear as iniciativas que benefician a Lugo”

Arroxo envioulle un whatsapp a Campos para tratar de desbloquear a creación da zona pública de baño

Lugo, 13 de xullo 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, envioulle un whatsapp ao Presidente da Deputación, Dario Campos, para tratar de desbloquear a creación da zona pública de baño. O voceiro do BNG-AA optou por esta vía de comunicación “para chegar dun xeito directo a quen ten a responsabilidade sobre os terreos de As Saamasas”. Arroxo lembrou que o pasado día 7 rexistrou un escrito na Deputación no que solicitaba o permiso para a instalación desta infraestrutura nos prazos e coas características que figuran no proxecto presentado e autorizado pola Confederación Hidrográfica.

O voceiro do BNG-AA achegou ao escrito presentado na Deputación, a documentación da solicitude xunto coa autorización emitida pola Confederación Hidrográfica. Así mesmo, Rubén Arroxo solicitou, no menor tempo posible, unha xuntanza co presidente desta Deputación para aclarar os pormenores desta actuación. “En vista de que non obtemos resposta pola vía administrativa optamos por unha vía máis directa” dixo Arroxo e engadiu e afirmou “a comunicación ten que ser áxil e entendemos que as institucións deben buscar solucións e non bloquear as iniciativas que benefician a Lugo”.

“Queremos saber se o PSOE vai actuar con responsabilidade ou vai seguir a consigna do partido de bloquear a iniciativa do BNG” dixo Arroxo e sinalou “sabemos que os terreos son da Deputación e aínda que poderiamos actuar nos 5 metros que son custodia da Confederación Hidrográfica queremos facer as cousas ben” informou Arroxo e sinalou “queremos saber se o PSOE vai utilizar os goberno da Deputación e o Concello para paralizar unha proposta que demanda a veciñanza ou vai colaborar para que Lugo conte, dunha vez, con zona de baño”.

Arroxo envioulle un whatsapp a Campos para tratar de desbloquear a creación da zona pública de baño