PARA O BNG-AA O POSIBLE PECHE DO APARCADOIRO DE ÁNXEL FOLE É COÑECIDO DENDE FAI MESES PERO O GOBERNO MUNICIPAL NON BUSCA SOLUCIÓNS NIN ALTERNATIVAS IGUAL QUE CO SISTEMA ORA

“O PSOE debería traballar para abrir aparcadoiros disuasorios e dinamizar o centro da cidade” dixo Arroxo

IMG_0735

Rubén Arroxo lembrou que “a alcaldesa anunciou a creación dun aparcamento cerca da rúa Dinan e a apertura polas tardes do aparcadoiro do edificio do seminario, e non se fixo nada”

“O PSOE debería traballar para abrir aparcadoiros disuasorios e dinamizar o centro da cidade” dixo Arroxo

Lugo, 14 de xullo 2017. Para o BNG-AA “é un despropósito a xestión do PSOE co tema dos aparcadoiros nesta cidade”. Arroxo lembrou “a primeira desfeita fixérona ao pouco de chegar ao goberno coa supresión do sistema ORA e sen dar unha solución alternativa, enviaron 16 persoas ao paro e crearon un caos para buscar aparcamento no entorno do centro da cidade” e engadiu “agora vemos a secuencia do peche dun aparcadoiro privado no que a alcaldesa di que non se vai pechar mentres se asina un decreto de peche mentres”.

“O PSOE debería traballar para abrir aparcadoiros disuasorios e dinamizar o centro da cidade” dixo Arroxo e lembrou que “a alcaldesa anunciou a creación dun aparcamento cerca da rúa Dinan e a apertura polas tardes do aparcadoiro do semanario, e non se fixo nada”. Para o BNG-AA está claro que se incrementaría considerablemente o número de prazas preto do centro “materializando o anuncio feito polo goberno socialista” con aparcadoiros na Praza da Mina (preto da rúa Dinán) e abrindo polas tardes o aparcadoiro do edificio administrativo do seminario que está reservado unicamente para persoal do concello e integrantes da corporación,

Rubén Arroxo lembrou que “na rúa Primavera, por proposta do BNG efectivizouse un aparcadoiro que da unha solución real e con menos custo que o deste estudo” e engadiu que “entendemos que se trata de dar solución ás veciñas e veciños non se trata de dar máis negocio a certas empresas”. Para o BNG-AA o posible peche do aparcadoiro de Ánxel Fole é coñecido dende fai meses pero o goberno municipal non busca solucións nin alternativas igual que co sistema ORA.

Solucións para a zona centro

Para dar solución ao aparcamento na zona centro da cidade propóñense dous aparcadoiros en extremos opostos da ronda da Muralla, un nas inmediacións da Porta Miñá e outro en Paradai, ambo os dous sumarían uns 5.300 metros cadrados. Un dos aparcadoiros estaría situado nos predios da rúa Poeta Noriega Varela máis próximos á ronda da Muralla. O outro aparcadoiro estaría situado na zona de Paradai na intersección da rúa Sil e a Infanta Elena. Estes último emprazamento xa funcionou durante moito tempo como aparcadoiro e daría servizo a todas as persoas que precisan acudir ao edificio multiusos da Xunta, ao centro e ás rúas do noroeste da cidade.

“O PSOE debería traballar para abrir aparcadoiros disuasorios e dinamizar o centro da cidade” dixo Arroxo