“O AUDITORIO DEBE TER PROGRAMACIÓN PERIODÍCA, VARIADA E DE CALIDADE ” DIXO CRISTINA FERREIRO

“O AUDITORIO DEBE TER PROGRAMACIÓN PERIODÍCA, VARIADA E DE CALIDADE ” DIXO CRISTINA FERREIRO

Cristina Ferreiro2O BNG preguntaralle ao goberno municipal se existe unha programación para o Auditorio Municipal e que tipo de actividades e espectáculos están previstos

Para a edil nacionalista, Cristina Ferreiro, “semella que se contrata teatro sen previsión, sen contar coas compañías de galegas, sen ter en conta ao público infantil e cun custo elevado para as arcas municipais

Lugo, 7 de marzo, 2013. A concelleira do BNG, Cristina Ferreiro, anunciou que trasladará unha serie de preguntas á comisión de cultura para coñecer cal é o criterio para a programación de actividades culturais no Auditorio Gustavo Freire. A nacionalista lamentou que “neste momento tan crítico non se esté contando coas compañías galegas de teatro”. “Debería existir unha programación na que as compañías galegas contasen co apoio do concello de Lugo” dixo Cristina Ferreiro e engadiu que “están a pagarse importantes cantidades a compañías estatais con figuras televisivas mentres que a xente do teatro está a loitar por manter vivas as súas compañías non contan con ningún tipo de oportunidade”.

Ferreiro lamentou, tamén, que “non se está a facer unha programación para o público infantil e familiar”. A edil do BNG lembrou como, durante a época na que o BNG tivo responsabilidades de goberno, se tiña demostrado o éxito das sesións para o público familiar e que agora mesmo están totalmente esquecidas polo goberno municipal. Para a edil nacionalista, Cristina Ferreiro, “semella que se contrata teatro sen previsión, sen contar coas compañías de galegas, sen ter en conta ao público infantil e cun custo elevado para as arcas municipais”.

Para o BNG compre que o goberno municipal faga unha previsión anual para manter unha programación periódica no Auditorio Municipal Gustavo Freire. “É necesario que a xente saiba que existe unha programación habitual de teatro e espectáculos musicais nas instalacións do Auditorio Municipal” afirmou Cristina Ferreiro que sinalou a necesidade dunha programación continua para garantir o éxito de asistencia de público aos espectáculos.

Excesivo gasto nun único concerto

Cristina Ferreiro tamén criticou o excesivo gasto que provocan concertos como o deste sábado que lle suporá ás arcas municipais uns 18.000 euros. A edil nacionalista sinalou que “non cuestionamos a calidade desta artista que actuará o día 8 de marzo mais consideramos que é desproporcionado que o auditorio esté baleiro de actividade durante a maior parte do ano e nun so concerto se gaste esta cantidade”. A edil do BNG cuestionou, tamén, que na mesa de compras celebrada hoxe a aprobación dunha partida de 3.500 euros para os gastos de son, iluminación e produción do concerto de La Mala Rodríguez cando “entedemos que estes gastos deben estar cubertos pola empresa adxudicataría da produción de eventos nesta instalación municipal” e engadiu que “non é normal que se paguen estas cantidades despois de que exista esta adxudicación que tanto tempo levou executar”.

“O AUDITORIO DEBE TER PROGRAMACIÓN PERIODÍCA, VARIADA E DE CALIDADE ” DIXO CRISTINA FERREIRO