FLIPA COS CONTOS É O ÚLTIMO ESPECTÁCULO DOS PROGRAMAS DE ANIMACIÓN Á LECTURA E CONTACONTOS DO 2019

A biblioteca municipal acolle o vindeiro mércores Flipa cos contos, “un espectáculo unipersoal... Ou non”

Maite Ferreiro: “estamos xa a traballar no programa de animación á lectura de 2020, despois do éxito deste trimestre”

A biblioteca municipal acolle o vindeiro mércores Flipa cos contos, “un espectáculo unipersoal... Ou non”

Lugo, 19 de novembro de 2019. O programa de animación á lectura e contacontos da Biblioteca Municipal Isidro Novo remata o vindeiro mércores, 20 de novembro, despois de  6 espectáculos para nenas e nenos de distintas idades. Flipa cos contos, de Bandullo Azul, será o espectáculo encargado de rematar o programa neste 2019. Segundo indicou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, “estamos xa a traballar no programa de animación á lectura do 2020, o cal agardamos que, despois do éxito deste trimestre, continúe a achegar a lectura ás nenas e nenos de Lugo”.

Flipa cos contos é un espectáculo de contos para toda a familia, onde as historias tradicionais, a música e o humor se reparten entre os dous contadores que soben ao escenario, o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia.

Esta sesión de contos populares terá lugar este mércores, 20 de novembro ás 18:30. O espectáculo, recomendado para nenas e nenos a partir de 4 anos, estará limitado a 40 asistentes e terá unha duración aproximada de 50 minutos.

A biblioteca municipal acolle o vindeiro mércores Flipa cos contos, “un espectáculo unipersoal... Ou non”