MAITE FERREIRO ADVERTIU DE QUE O PECHE PERIMETRAL DA OBRA NON CUMPRE AS CONDICIÓNS MÍNIMAS E SUPÓN UN PERIGO PARA AS PERSOAS

O BNG-AA denuncia o perigo existente nas inmediacións da Fábrica da Luz e pide o acondicionamento do entorno

IMG_0078

“Pediremos o acondicionamento o entorno da Fabrica da Luz e que se devolva ás veciñas e veciños de Lugo o antes posible” anunciou Ferreiro

O BNG-AA denuncia o perigo existente nas inmediacións da Fábrica da Luz e pide o acondicionamento do entorno

Lugo, 9 de xuño 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, advertiu da situación na que se atopa o peche perimetral da zona de obra que rodea a Fábrica da Luz e anunciou que o BNG – AA reclamará do concello de Lugo que lle esixa á empresa responsable o seu mantemento axeitado “para evitar un accidente ou que calquera persoa poida sufrir danos dado o estado da pasarela que cruza sobre o río”. Toda a zona que se atopa dentro do peche perimetral da obra está chea de maleza e sen coidados de ningún tipo.

Maite Ferreiro fixo fincapé no estado de deterioro no que se atopa a pasarela sobre o río que leva ata o caneiro que “polo seu mal estado, supón un auténtico perigo para que calquera persoa que se meta a camiñar sobre”. A día de hoxe non practicamente ningunha barreira nin advertencia de perigo que impida o paso cara esta pasarela e cara o Caneiro. “Entendemos que o goberno municipal terá que tomar as medidas necesarias para obrigarlle á empresa responsable das obras a manter o peche e a sinalización nas debidas condicións e se non terá que actuar de oficio”.

Na zona das Saamasas, donde foi retirado o dique en novembro de 2016, existe unha ampla zona co valado de obras que se atopa nun lamentable estado de abandono. Dende o fai máis de 6 meses non fixo mantemento da herba nin se actuou para impedir a proliferación de maleza co conseguinte deterioro dun terreo público “que agora no verán é visitado por miles de persoas” dixo Ferreiro que reclamou “ten que ser devolto, o antes posible, para que toda a xente de Lugo e quen nos visita poida disfrutar deste entorno privilexiado”.

O BNG-AA denuncia o perigo existente nas inmediacións da Fábrica da Luz e pide o acondicionamento do entorno