O RECORTE IMPOSTO POLA XUNTA NOS FONDOS DESTINADOS AO ARRANXO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS AFECTA A TODOS OS CONCELLOS DIVIDINDO POR 3 A MEDIA DO QUE PERCIBÍAN O ANO PASADO

“Os fondos da Xunta deste ano non chegan para asfaltar nin 2 km de pistas na Pastoriza”

IMG_0025

O concello pasou de recibir 92.085 euros no ano 2016 a 34.819 euros no ano 2017 “por que o PP decidiu quitar os fondos europeos” sinalou a Parlamentaria Olalla Rodil

“Os fondos da Xunta deste ano non chegan para asfaltar nin 2 km de pistas na Pastoriza”

A Pastoriza, 10 de xuño 2017. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, visitou varias vías municipais do concello da Pastoriza Rodil, concretou que  o concello da Pastoriza pasou de recibir 92.085 euros no ano 2016 a 34.819 euros no ano 2017 “por que o PP decidiu quitar os fondos europeos”. A parlamentaria do BNG estivo acompañada polos ediles do BNG na Pastoriza e veciños, informou que a redución nas axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018 publicadas no DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017, “afectan a todos os concellos do país e dividen por 3 a cantidade que percibían o ano pasado”.

durante o goberno bipartito da Xunta A Pastoriza viña recibindo preto de 180.000 €

A voceira do BNG na Pastoriza, Elva Carrera, asegurou que “os fondos da Xunta deste ano non chegan para asfaltar nin 2 km de pistas na Pastoriza” e puntualizou que “ao custe da obras hai que engadir os gastos do o control de calidade, proxecto, dirección de obra, e o IVE que aporta o concello directamene o concello”, e denunciou que “a redución de fondos aplicada pola goberno do PP na Xunta vai impedir o arranxo da maior parte das pistas e camiños do concello”. O concello pasou de recibir 92.085 euros no ano 2016 a 34.819 euros no ano 2017 e esta será a cantidade que recibirá tamén no ano 2018 “a máis baixa dos últimos 10 anos” sinalou Elva Carrera que lembrou como durante o goberno bipartito da Xunta, no que o BNG tiña responsabilidades en Medio Rural, os concellos recibían un finanzamento axeitado ás súas necesidades e A Pastoriza viña recibindo preto de 180.000 €.

A dotación máxima para financiar estas axudas aos concellos para o arranxo de camiños de titularidade municipal na convocatoria deste ano a 15.998.687 €, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 2017-13-A1-712A-760.0 dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por anualidades. “Trátase dunha convocatoria con trampa” criticou Elva Carrera “por que en realidade é unha única convocatoria para os anos 2017 e 2018 co cal as cantidades aínda queda máis mermadas”. Na convocatoria desta liña de axudas no ano 2016 había unha cantidade de 19.998.110 €, mentres que con esta convocatoria “bianual” hai unha partida de 7.999.343,50 € para o ano 2017 e outra similar para 2018.

Carrera criticou “a falta de explicacións por parte do Director Xeral de Desenvolvemento Rural” que nun encontro celebrado recentemente con responsables da administracións locais non foi capaz de dar conta das causas que motivaron este recorte. Un recorte que, segundo Elva Carrera, “afecta especialmente a concellos como A Pastoriza que teñen unha extensa redes de camiños e pistas municipais que, ademais, soportan a circulación de maquinaria agrícola de gran tamaño”. 

Eliminación dos Fondos Europeos
O Goberno do PP na Xunta eliminou a partida de FEADER que se incluía habitualmente nesta liña de axudas aos concellos. Os fondos FEADER e a aportación do Estado, a través do MAGRAMA, supuxeron no ano 2016 o 82,5 % do finanzamento deste programa mentres que a Xunta aportaba un 17,5 %. Para os anos 2017 e 2018 o goberno de Núñez Feijoo deicidiu eliminar as partidas económicas procedentes do Estado e de Europa para que a Xunta de Galiza asuma en solitario a finanzamento. Para o BNG “trátase dunha nefasta decisión do partido popular que está castigando a todos os concellos galegos pola súa incapacidade á hora de xestionar os fondos que Galiza recibe doutras instancias”.
 

“Os fondos da Xunta deste ano non chegan para asfaltar nin 2 km de pistas na Pastoriza”