“UNHA ADMINISTRACIÓN NON PODE ESTAR IGNORANDO AS ORDENANZAS MUNICIPAIS, A LEI DE PATRIMONIO E A PROTECCIÓN DUN CONXUNTO QUE PRECISA ESPECIAL PROTECCIÓN” AFIRMOU ARROXO

O BNG-AA levará ante a Valedora do Pobo a situación do barrio da Tinería

IMG_9845

Para o BNG-AA “a Xunta fai deixación de funcións” nunha zona que precisa de intervencións urbanistas, patrimoniais e de tipo social

O BNG-AA levará ante a Valedora do Pobo a situación do barrio da Tinería

Lugo, 5 de xuño 2017. O voceiro do BNG-AA ven de anunciar que, a formación que representa, trasladará unha queixa á oficina do Valedor do Pobo en relación á situación na que se atopa o barrio da Tinería. Arroxo sinalou que “veciñas e veciños vense impotentes ante a falta de iniciativas do goberno galego que ten paralizados o proxectos de rehabitación e rehabilitación do barrio dende a chegada do PP ao goberno da Xunta”. “Detectamos que a propia Xunta, como propietaria de moitos dos terreos e edificios do barrio, está incumprindo a ordenanza municipal de medio ambiente e ignorando a lei de protección do patrimonio”.

Para o BNG-AA “a Xunta fai deixación de funcións” nunha zona que precisa de intervencións urbanistas, patrimoniais e de tipo social. “Vemos como o barrio continúa deteriorándose e o único que se fai é anunciar un investimento desmesurado para a rehabilitación dunha sola casa” sinalou Arroxo en referencia aos máis 800.000 euros anunciados para rehabilitar unha casa de unha planta. Arroxo dixo que “dende o BNG sempre entendemos que na Tinería hai que darlle continuidade ao plan integral de rehabilitación e rehabitación iniciado no bipartito e paralizado polo partido popular cando chegou ao goberno da Xunta no ano 2009”.

“Trasladaremos este asunto á Valedora do Pobo por que parece que ningunha das administracións toma medidas e, neste caso, é a Xunta quen ten a maior responsabilidade do abandono no que deixou ao barrio e, sobre todo, ás persoas que alí viven” dixo Arroxo e engadiu “cando pasan máis de 8 anos sen que os responsables do goberno da Xunta tomen medidas, a pesares de ser coñecedores de toda a problemática deste barrio, esto obríganos a acudir a unha instancia como a oficina do Defensor do Pobo, por que non se trata de falta de orzamento, nin de tempo, nin de información, trátase dun problema de desleixo”.

Arroxo destacou que no entorno da Tinería están situados tres elementos Patrimonio da Humanidade e “a pesar disto” a Xunta de Galiza non está a facer unha aposta sería pola conservación e posta en valor dun barrio que “podería ser o pulmón económica da cidade”, en canto á atracción turística, ademais de existir múltiples elementos con alto valor patrimonial, como son o Pazo de Dona Urraca, os Fornos atopados, a cloaca romana, ou o Hospital do Camiño por mencionar algúns. Arroxo sinalou que “o BNG toma esta determinación por que, a pesares, de que xa o levamos, en varias ocasións, ao Parlamento Galego e ao Pleno do Concello non se fixo nada”.

O BNG-AA levará ante a Valedora do Pobo a situación do barrio da Tinería