DENDE O BNG-AA LEMBRARON QUE PP E PSOE, COS SEUS ACORDOS, SON RESPONSABLES DO PXOM, DA PARALIZACIÓN DO PLAN PARADAI, DO REPARTO DOS REMANENTES DO 2014

O do Auditorio é o cuarto “cazoleo” entre PP e PSOE que vai contra os intereses de Lugo nos últimos anos

IMG_1067

“Alegrámonos que o PSOE mire para a xestión do BNG en Pontevedra, pero a xestión é moi diferente, en Pontevedra vaise facer un hospital cun investimento de 120 millóns de euros” dixo Maite Ferreiro

O do Auditorio é o cuarto “cazoleo” entre PP e PSOE que vai contra os intereses de Lugo nos últimos anos

Lugo, 6 de xuño 2017. A edil do BNG no concello de Lugo manifestou hoxe a súa sorpresa en relación ás declaración do voceiro socialista. “Alegrámonos que o PSOE mire para a xestión do BNG en Pontevedra, pero a xestión é moi diferente, en Pontevedra vaise facer un hospital cun investimento de 120 millóns de euros” dixo Maite Ferreiro. No caso de Pontevedra trátase da exención do IBI ao SERGAS aforrará 400.000 € anuais a cambio dun investimento de 120.000.000 de euros. No caso de Lugo o concello perderá uns ingresos de 600.000 euros anuais a cambio dun investimento de 3,6 millóns. “O que lle fixo Feijoo á alcaldesa é o timo da estampita versión PP” ironizou Ferreiro que fixo fincapé en que “a alcaldesa insiste en que é a Xunta quen ten pagar pero quen o imos pagar somos as lucenses”.

Maite Ferreiro sinalou que “non é cousa nova que o PP e PSOE cheguen a acordos para perxudicar os intereses de Lugo e este, do auditorio, é o cuarto dos máis sangrantes nos últimos anos”.  Dende o BNG-AA lembraron que PP e PSOE, cos seus acordos, son responsables do PXOM que é unha das lacras para o desenvolvemento da cidade por que aínda noestá aprobado no seu 100 % debido aos numerosos caos xudiciais abertos arredor deste documento como todo o relativo ao Garañón.  Outra dos ”cazoleos” entre PP e PSOE sinalado porlo BNG foi a paralización do Plan Paradai (http://lugocentro.bng.gal/articulo/destacadas/bng-difunde-boletin-informativo-explicando-situacion-do-plan-paradai/20141029110026003670.html ), ou do reparto dos remanentes do 2014 (http://lugocentro.bng.gal/articulo/destacadas/bng-pregunta-polo-acordo-pp-psoe-no-concello-lugo/20140520171707003541.html ).

Dende o BNG sinalaron que “este acordo non debe contentar nin a todo o grupo municipal do PSOE, nin a todo o grupo municipal do PP” e lembraron cando, tanto o voceiro municipal do PP como ediles do grupo muncipal foron críticos coa posibilidade de que Xunta e Concello chegasen a este acordo. Finalmente o voceiro e o grupo municipal popular quedaron deslexitimados por Feijoo que impuxo este acordo co PSOE “perxudicial para o concello de Lugo”.

“Se o PSOE estaba disposto a transixir con este agravio para Lugo fora mellor que se pagara dende o concello as dotacións con fondos propios e non sentariamos este precedente” dixo Maite Ferreiro. Para o BNG-AA trátase dunha cesión ás presións do PP na Xunta que o PSOE pacta “a saber por que razóns” e que van facer que as veciñas e veciños de Lugo teñan que pagar unhas dotación dun edificio feito pola Xunta e que segue pechado.

O do Auditorio é o cuarto “cazoleo” entre PP e PSOE que vai contra os intereses de Lugo nos últimos anos