ARROXO LEMBROU QUE “ESTA SOLUCIÓN XA FOI DEMANDADA POLO BNG-AA CANDO O GOBERNO SOCIALISTA ADOPTOU COMO ÚNICA SOLUCIÓN O PECHE DA BAIXADA CUN BALADO METÁLICO”

O BNG-AA pide unha solución para o enlace do parque Marcos Cela coa zona do río e o adecentamento da zona

IMG_3606

Ademais, dende o BNG-AA, denunciaron a falta de mantemento do mirador situado nesta zona da rúa Santiago e a falta de preocupación do goberno socialista

O BNG-AA pide unha solución para o enlace do parque Marcos Cela coa zona do río e o adecentamento da zona

Lugo, 20 de abril de 2017. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, pediu unha solución para que as persoas que acceden á zona do río Miño dende o parque Marcos Cela o poidan facer dun xeito seguro. Arroxo lembrou que “esta solución xa foi demandada polo BNG-AA cando o goberno socialista adopotou como única solución o peche da baixada cun balado metálico”. Arroxo sinalou que “xa son moitas as persoas que utilizan este percorrido para achegarse ao entorno do Miño e co bo tempo cada vez serán máis”. “A pesares de que se deron explicacións e propostas a realidade é que non se fixo nada, chega o verán e seguimos sen solución” afirmou o voceiro do BNG –AA.

Arroxo avanzou que “seguramente nos dirán que se lle dará solución cos fondos do plan EDUSI pero non podemos pasar máis tempo poñendo en perigo ás persoas que por alí transitan” e engadiu “existen solución factibles, fáciles de acometer e que non precisan dunha gran inversión que darían seguridade a peóns e automobilistas neste punto”. Arroxo informou que, a día de hoxe, “mantense coa baranda destrozado e co paso cortado sen solucións para os peóns”. Dende o BNG reclamouse que se tomen medidas para reparar os danos e se retire a suciedade existente.

Entre as deficiencias existentes no parque de Marco Cela, Rubén Arroxo sinalou o estado de deterioro de moitos dos barandas que protexen de caídas as zonas de máxima pendente. Arroxo lembrou que recentemente caeu algunha persoa neste parque e “falta das barandas podería provoca algún accidente máis”. No caso da fonte do Pilar que data finais dos anos 1.800 atópase totalmente chea de pintadas e o seu entorno cheo de suciedade e vidros.

O voceiro do BNG-AA apostou pola mellora do entorno do parque Marcos Cela. Rubén Arroxo sinalou que, nesta época, son moitas as persoas que utilizan o parque Marcos Cela como vía de acceso á zona do río e o goberno municipal continúa sen dar unha solución á unión do parque coa Volta da Viña. Ademais, dende o BNG-AA, denunciaron a falta de mantemento do mirador situado nesta zona da rúa Santiago e a falta de preocupación do goberno socialista por dar unha solución a esta zona de Lugo.

O BNG-AA pide unha solución para o enlace do parque Marcos Cela coa zona do río e o adecentamento da zona