“HAI QUE BUSCAR SOLUCIÓNS PARA ADIANTARSE AO PROBLEMA NO QUE SE VAI VER A CIDADE A PARTIR DO PROBABLE PECHE DO APARCADOIRO DA RÚA ÁNXEL FOLE” AFIRMOU ARROXO

O BNG-AA propón 3 aparcadoiros disuasorios públicos no entorno da Ronda para “abrilos antes de febreiro”

IMG_1554
Rubén Arroxo fronte ao terreo que se podería converter en aparcadoiro disuasorio en Poeta Noriega Varela, xunto á Ronda da Muralla

Rubén Arroxo, voceiro do BNG-AA, dixo que “levamos tempo aportando solucións posibles para a mobilidade nesta cidade e seguimos dando solucións”

O BNG-AA propón 3 aparcadoiros disuasorios públicos no entorno da Ronda para “abrilos antes de febreiro”

Lugo, 14 de decembro 2016. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, presentou hoxe unha proposta para que o goberno municipal traballe en buscar alternativas ao problema que se xenerará a partir do probable peche do aparcadoiro da rúa Ánxel Fole. Rubén Arroxo, voceiro do BNG-AA, dixo que “levamos tempo aportando solucións posibles para a mobilidade nesta cidade e seguimos dando solucións” e concretou “existen tres espazos no entorno da Ronda da Muralla que poderían ser habilitados como aparcadoiros disuasorios e o goberno podería chegar a acordos coa propiedade”.

“levamos tempo aportando solucións posibles para a mobilidade nesta cidade e seguimos dando solucións”.

O BNG-AA propón 3 aparcadoiros disuasorios públicos no entorno da Ronda para “abrilos antes de febreiro”, Arroxo explicou que os tres espazos que se poderían destinar a aparcadoiros disuasorios están no entorno da ronda da Muralla. Un deles estaría na rúa Castelao, onde existe un predio cunhas superficie similar, ou superior, á do actual parking de Ánxel Fole. Outra posibilidade é outro espazo, que xa foi utilizado como aparcadoiro nas inmediacións da rotonda que une as rúas Monforte, Paradai d´Arriba e río Sil. Ademais, o voceiro do BNG-AA tamén sinalou como posibilidade os solares existentes na rúa Poeta Noriega Varela ao carón da ronda da Muralla.

Rubén Arroxo explicou que se trataría “dunha solución rápida e transitoria para dar unha solución real ao problema que se vai xenerar no mes de febreiro cando se peche o aparcadoiro da rúa Ánxel Fole” e insistiu en que “o goberno municipal tería que poñerse a traballar e chegar a acordos coas propiedades destes ou outros espazos para dar unha solución real a un problema real que vai xurdir”. Rubén Arroxo, voceiro do BNG-AA, dixo que “levamos tempo aportando solucións posibles para a mobilidade nesta cidade e seguimos dando solucións”.

O BNG-AA propón 3 aparcadoiros disuasorios públicos no entorno da Ronda para “abrilos antes de febreiro”