O PORTAVOZ DO BNG AFIRMOU QUE A SITUACIÓN DE NADELA "RESPONDE Á ESTRATEXIA DO PP DE DESMANTELAR A SANIDADE PÚBLICA"

O BNG acompaña á veciñanza de Nadela ante un novo intento de peche do Centro de Saúde por parte da Xunta de Galiza


Rubén Arroxo estivo presente na entrega de preto dun milleiro de sinaturas recollidas pola veciñanza afectada

O portavoz do BNG afirmou que a situación de Nadela "responde á estratexia do PP de desmantelar a sanidade pública"

Beatriz Jato, portavoz da plataforma en defensa do centro de saúde de Nadela: "As veciñas e veciños vémonos obrigadas a acudir a Urxencias ou a esperar semanas ata ter unha cita no centro de saúde"

O BNG acompaña á veciñanza de Nadela ante un novo intento de peche do Centro de Saúde por parte da Xunta de Galiza




Lugo, 01 de agosto de 2024. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, participou na entrega de sinaturas da Nadela en contra do novo intento da Xunta de Galiza de pechar o Centro de Saúde. Arroxo afirmou que "é preciso que a Xunta manteña o servizo de atención primaria neste Centro de Saúde que atende a máis de 700 persoas", e engadiu "a Xunta en vez de aportar solucións está a forzar á veciñanza a facer desprazamentos innecesarios a outro centro de saúde, en moitos casos, persoas maiores e con problemas de mobilidade".

Beatriz Jato, portavoz da plataforma en defensa do centro de saúde de Nadela, afirmou qeu "levamos nunha situación de abandono moitos anos, cada vez con menos días de atención no centro de saúde". Jato afirmou que "moitas veces temos que agardar máis dunha semana ata poder recibir unha consulta no Centro de Saúde de Fingoi, o que obriga a moita xente a acudir a urxencias".

O BNG leva anos traballando xunto coas veciñas e veciños de Nadela para evitar o peche do centro de saúde, trasladando a problemática ás distintas institucións onde ten representación, e apoiando as mobilizacións organizadas pola veciñanza. Na xornada de hoxe, entregáronse preto dun milleiro de sinaturas reclamando á Xunta de Galiza que manteña a atención primaria neste centro, defendendo que as veciñas e veciños non pode decidir que día enferman. Rubén Arroxo defendeu que "a atención primaria é o punto de entrada da veciñanza no sistema sanitario, un par clave para o sistema, que na actualidade está pasando por unha situación límite debido á precarización do servizo por parte da Xunta".

Para Rubén Arroxo, "non prestar un servizo esencial como é a atención primaria merma a calidade do noso sistema sanitario". O BNG apoiou ás veciñas e veciños de Nadela desde o inicio das súas mobilización en reclamación dun servizo de atención primaria digno. "Ano tras ano as veciñas e veciños de Nadela chegan ao verán sen saber se volverán contar con atención no seu centro de Saúde ou se a Xunta do PP vai deixar de prestar atención sanitaria ás máis de 700 persoas usuarias deste centro", afirmou Rubén Arroxo.

O BNG critica que a Xunta de Galiza pretende pechar o centro "nun proceso de desmantelamento da sanidade pública", e defende o dereito da veciñanza a poder asistir ao seu médico cando o precise.

O BNG acompaña á veciñanza de Nadela ante un novo intento de peche do Centro de Saúde por parte da Xunta de Galiza