RUBÉN ARROXO ANUNCIOU QUE SE RENOVARÁ O ASFALTO DA AVENIDA DA CORUÑA NO TREITO ENTRE AS RÚAS PERPETUO SOCORRO E ILLAS CÍES

A Tenencia de Alcaldía segue a traballar nos viais públicos do concello cunha nova actuación na avenida da Coruña

Rubén Arroxo anunciou que se renovará o asfalto da avenida da Coruña no treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes

Arroxo: "Seguimos atendendo ás reclamacións veciñais para garantir o bo estado dos viais públicos"

A Tenencia de Alcaldía segue a traballar nos viais públicos do concello cunha nova actuación na avenida da Coruña




Lugo, 01 de agosto de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, achegouse ata a avenida da Coruña onde anunciou que a Tenencia de Alcaldía renovará o asfalto no treito que discorre entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas".

A solución executada consiste na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal. A actuación conta cun orzamento de 59.390,31€, e unha vez rematado o procedemento de contratación, terá un prazo de execución de dous meses.

Desede a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

A Tenencia de Alcaldía segue a traballar nos viais públicos do concello cunha nova actuación na avenida da Coruña