A DEPUTADA ARIADNA FERNÁNDEZ E O CONCELLEIRO OVIDIO MONTAÑA OFRECERON ESTA TARDE NA CASA DA CULTURA DE BECERREÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA Á VECIÑANZA

O BNG advirte en Becerreá das consecuencias da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica para o sector gandeiro galego

A deputada Ariadna Fernández e o concelleiro Ovidio Montaña ofreceron esta tarde na Casa da Cultura de Becerreá unha charla informativa á veciñanza

O BNG denuncia o abandono total do sector gandeiro ao que a EHE lles supón uns custes medios de 400 euros por animal infectado

O BNG advirte en Becerreá das consecuencias da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica para o sector gandeiro galego

 

 

Becerreá, 06 de setembro de 2024. A deputada do BNG Ariadna Fernández e o concelleiro do BNG en Becerreá, Ovidio Montaña, ofreceron esta tarde en Becerreá unha charla informativa sobre a situación e as consecuencias da EHE (Enfermidade Hemorráxica Epizoótica) para o sector gandeiro na montaña lucense e no resto de Galiza.

A deputada e veterinaria Ariadna Fernández falou da necesidade de que a Xunta do PP adopte medidas urxentes e de que "asuma as súas funcións nunha situación de extremo abandono dos gandeiros e gandeiras ante unha enfermidade que lle supón ao sector uns custes medios de 400 euros por animal infectado", explicou.

O sector gandeiro galego atópase nunha "situación de abandono" ante a falta de información e de axudas, mentres a Consellería do Medio Rural está "ausente", criticaron. Ante este contexto, o BNG rexistrou iniciativas no Parlamento para que a Xunta tome medidas canto antes, indicou Ariadna Fernández.

Durante o faladoiro, Fernández e Montaña explicaron ás persoas asistentes que "estamos ante unha enfermidade que se manifesta cun proceso infeccioso non contaxioso, causada por un virus que se trasmite por uns mosquitos e cuxo ciclo biolóxico se activa coa subida das temperaturas", despois dunha pausa invernal larvaria na auga.

A deputada no Parlamento Galego recordou que o BNG "xa advertiu do que podía pasar coa chegada do verán" e agora demándalle á Consellería do Medio Rural que "tome medidas e que deixe de buscar excusas, que actúe xa".

As indemnizacións por valor de 196.000 euros para paliar a morte dos animais afectados pola doenza "aínda están sen percibir por parte dos afectados" advirtiu Fernández, e son "excesivamente discretas para o número de casos totais da enfermidade, o que supón que sexan os propios gandeiros os que teñan que custear os gastos por cada animal, que poden chegar aos 400 €".

A incidencia foi maior nesta temporada do verán de 2024 pero, para a deputada nacionalista, "as escasas medidas preventivas e paliativas dende o Goberno do PP non chegaron a tempo para ser efectivas e os gandeiros comezaron a sufrila sen estar preparados para a nova vaga de casos que comezou hai semanas no sur do país", denuncia.

Dende Becerreá, o BNG volveu reclámarlle ao Executivo de Alfonso Rueda fixar unha partida orzamentaria destinada a indemnizar os casos de EHE, "tanto os que rematen coa morte do animal coma os tratamentos destinados a paliar os síntomas da enfermidade e os servizos veterinarios derivados desta", insistiu Fernández.

 

O BNG advirte en Becerreá das consecuencias da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica para o sector gandeiro galego