CRISTINA LÓPEZ AFIRMOU QUE "ANTES DE FINAL DE ANO CONTAREMOS CUNHA ESTATUA REALIZADA EN PEDRA QUE SERVIRÁ COMO PUNTO DE LEMBRANZA A TODAS AS PERSOAS REPRESALIADAS"

Rubén Arroxo e Cristina López presentan a imaxe que lembrará no Cemiterio Municipal ás persoas asasinadas durante a guerra civil e a dictadura franquista


O artista Álvaro de la Vega será o encargado de realizar a imaxe de gran formato que se colocará nun punto destacado da zona antiga do Cemiterio

Cristina López afirmou que "antes de final de ano contaremos cunha estatua realizada en pedra que servirá como punto de lembranza a todas as persoas represaliadas"

Rubén Arroxo e Cristina López presentan a imaxe que lembrará no Cemiterio Municipal ás persoas asasinadas durante a guerra civil e a dictadura franquista



Lugo, 07 de xullo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentaron unha maqueta da imaxe coa que a Tenencia de Alcaldía lembrará no Cemiterio Municipal a todas as persoas represaliadas durante a Guerra Civil e a Dictadura. Cristina López explicou que "adicaremos un espazo destacado do Cemiterio Municipal á memoria, un espazo de lembranza para todas as persoas que sufriron as consecuencias de pensar diferente".

A Tenencia de Alcaldía conta co escultor Álvaro de la Vega para a realización desta escultura, que se realizará en granito, "e que contará cun importante simbolismo, aumentando a riqueza patrimonial do Cemiterio Municipal", afirmou a edil de Participación. A imaxe definitiva colocarase antes de final de ano "para garantir antes de final de ano que as familias vítimas da represión contarán antes da final deste ano cunha zona onde lembrar aos seus familiares asasinados de forma inxusta polo franquismo".

Álvaro González de la Vega
Con vinte e dous anos trasládase a Barcelona para cursar estudos de Belas Artes. Nesta etapa inicial, a pintura é o seu medio habitual de expresión e as súas principais fontes de influencia, a fotografía e o cómic, chegando a explorar o grafiti. É en 1990, tras instalarse en Corcubión, cando comeza a explorar a linguaxe escultórica. Para iso toma como punto de partida a figura, tanto humana como animal. Estas primeiras obras de madeira caracterízanse polo uso da pintura como medio para potenciar o valor expresivo. Durante a década dos noventa, a súa linguaxe escultórica consolídase aparecendo outro tipo de materiais como o ferro, a cerámica ou a pedra. A estatuaria deste escultor sintetiza acentos primitivos, agudizados por un basto sinal xestual ao traballar a madeira, coa consideración do corpo como un elemento capaz.

Rubén Arroxo e Cristina López presentan a imaxe que lembrará no Cemiterio Municipal ás persoas asasinadas durante a guerra civil e a dictadura franquista