O BNG anima a unha participación masiva na manifestación do vindeiro 18 de decembro baixo o lema "Non é unha crise de prezos, é unha estafa"

A manifestación celebrarase en Santiago de Compostela e sairá dende a Alameda as 12:00 horas

O responsable local de Lugo afirmou que "deben artellarse medidas de urxencia para controlar os prezos dos combustíbeis e dos produtos básicos de alimentación"

O BNG anima a unha participación masiva na manifestación do vindeiro 18 de decembro baixo o lema "Non é unha crise de prezos, é unha estafa"

Lugo, 13 de decembro de 2022. O BNG realizou un reparto no casco histórico para promover unha participación masiva na manifestación que terá lugar o 18 de decembro en Santiago de Compostela. No reparto estiveron presentes concelleiros e concelleiras da cidade de Lugo e cargos orgánicos do BNG. Pedirase un compromiso para facer que pague máis quen máis ten e reclamarase ao goberno do estado que estableza un sistema fiscal que favoreza ás maiorias e aos máis defavorecidos. O BNG cree que non debe permitirse unha fenda social e que debe facerse unha intervención pública que controle os prezos que están a dispararse aproveitando unha suposta crise.
Dende Lugo sairán autobuses, para maior información podese conctar co local comarcal do BNG no 982 28 04 10

  1. Que pague máis quen máis ten. Incremento da presión fiscal sobre as grandes empresas e patrimonios e persecución da fraude fiscal.
     
  2. Suspensión dos desafiuzamentos até o 31/12/2023 (prorrogábel).
     
  3. Pola paz e o diálogo. O gasto militar dos Orzamentos xerais do Estado para servizos públicos (sanidade, educación...).
     
  4. Prohibición por lei o corte dos subministros de luz, auga e gas.
     
  5. Intervención pública no mercado da vivenda. Limitación do prezo dos alugueres e das hipotecas en vivenda habitual e locais comerciais.
     
  6. Medidas de urxencia para controlar os prezos dos combustíbeis e dos produtos básicos de alimentación. 
     
  7. Intervención pública no mercado eléctrico para controlar os prezos. Creación dunha Tarifa Eléctrica Galega. 
     
  8. Protección do sector agro-gandeiro, marítimo-pesqueiro e PEME’S.
     
  9. Incremento das pensións, dos salarios máis baixos e das axudas sociais. 
     
  10. Medidas transversais con perspectiva de xénero e para frear as consecuencias da crise sobre a mocidade.
O BNG anima a unha participación masiva na manifestación do vindeiro 18 de decembro baixo o lema "Non é unha crise de prezos, é unha estafa"