O BNG ANUNCIOU A CONCENTRACIÓN DA INICIATIVA GALEGA POLA GRATUIDADE DA SANIDADE
A responsábel comarcal, Esther López, indicou que "as políticas do PP en sanidade e o repago ao que obriga a xunta chegará a matar xente"
A concentración será mañá venres, ás 11:15, diante do Hospital Universitario Lucus Augusti
LUGO, 07 de novembro de 2013. Cargos orgánicos e institucionais do Bloque Nacionalista Galego, acompañados de militantes e simpatizantes, achegáronse hoxe ao Hospital Universitario Lucus Augusti para informar da concentración que mañá terá lugar ás 11:15 diante deste centro hospitalario. A concentración está promovida pola Inciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade. Con esta acción os nacionalistas materializan o seu apoio a esta campaña que está impulsada por colectivos sanitarios, sindicatos, forzas políticas e colexos profesionais vencellados á sanidade.
Esther López, responsábel comarcal do BNG en Lugo, dixo que non debe haber nin unha soa persoa morta por falta de recursos e que parece que a esto é ao que nos abocan as decesións do PP nos goberno da Xunta e do Estado. Para o BNG está claro que progresivamente os gobernos do PP van implantado a normativa necesaria para desmantelar a Sanidade Pública, reducindo a carteira de servizos gratuítos e incorporando medidas de repago. A responsábel comarcal do BNG acusou ao PP de aplicar estas medidas para facer da saúde unha mercadoría coa que lucran as empresas a conta das persoas.
O Ministerio de Sanidade ven de ditar unha resolución pola que se determina que os tratamentos que se proporcionan nos centros hospitalarios van a ter un repago dun 10% sobre o seu custo. Terán que asumir o pago deste 10% todas as persoas ás que, por prescrición facultativa, se vexan na obriga de continuar con tratamentos médicos como é o caso das que teñe
n tratamentos para enfermidades crónicas.
Manifestación en Compostela
A campaña terá continuidade cunha manifestación o 17 de novembro en Santiago de Compostela. Esta campaña, apoiada polo BNG, prentende mobilizar á sociedade para loitar por que se garanta unha sanidade universal, pública, gratuíta e de calidade.