O BNG SOLICITA DO CONCELLO DE LUGO O ARRANXO DA MARQUESIÑA DA AV. DE MAGOI
Paz Abraira dixo que os elementos que conforman o conxunto de servizos para os usuarios do transporte público deben estar en boas condicións
LUGO, 17 de outubro de 2013. O BNG solicítalle ao goberno municipal que proceda ao arranxo da marquesiña situada na Av. de Magoi. Este elemento do mobiliario urbán leva máis dun mes sen ser apto para a urilización da mesma despois de sufrir importantes danos na súa estrutura. A edil nacionalista, Paz Abraira, sinalou, en referencia a esta marquesiña, que no estado actual supón un problema de seguridade para os cidadáns que utilizan o transporte público nesta parte da cidade e que fan uso da mesma.
Para o BNG é prioritario ter un bo servizo de transporte público e para esto os elementos que conforman o conxunto de servizos para os usuarios deste transporte deben de estar en boas condicións. Por todo esto o BNG presentou a correspondente solicitude ante concello pedindo que se repoña a maquesiña para que as persoas poidan facer uso do transporte público en boas condicións.