O BNG PEDIRÁ A PARALIZACIÓN DA VENDA DE NOVAGALICIA BANCO NO PLENO DO CONCELLO
A entidade bancaria ten en Lugo propiedades com o edificio da praza Maior e os terreos do colexo do Sagrado Corazón, entre outras
Segundo Antón Bao a venda da entidade bancaria pon en perigo o finanzamento do sector produtivo lucense e galego e a Xunta e FROB teñen potestade para paralizar este proceso
LUGO, 22 de novembro de 2013. O BNG levará ao vindeiro pleno do Concello de Lugo unha proposición na que solicitará que a corporación municipal inste ao FROB a paralizar a decisión de vender Novagalicia Banco por ser unha entidade financeira sistémica para Galiza. Os nacionalistas pretenden defender a permanencia de Novagalicia Banco como entidade financeira galega independente, estudando a alternativa da súa transformación nun Banco Público Galego.
Antón Bao lembrou que esta entidade presta servizos en moitas zonas e barrios de Lugo e na práctica totalidade dos concellos galegos ademais de constituír un patrimonio económico e cultural fundamental para o noso país. Respecto ao concello de Lugo, Bao sinalou que nova galicia banco posúe un patrimonio importantísimo para a cidade como son centros para maiores, salóns de actos, salas de exposicións, o edificio da praza Maior ou os terreos do colexo do Sagrado Corazón.
Para o BNG resulta negativa para Lugo, a venda de NGB por que vai supoñer que os aforros de lucenses e galegos acaben en máns de entidades financieiras de fora do país. O voceiro nacionalista dixo que é posible que moitos traballadores e traballadoras desta entidade van perder o seu posto de traballo. Para o BNG Galiza non pode perder unha entidade financieira propia que debe servir aos intereses deste país.
Bao cargou a responsabilidade da venda desta entidade financieira galega sobre a Xunta de Galiza e o FROB e dixo que a venda de NGB é unha ameaza que afecta a Galiza mentres o goberno do Estado español respecta a permanencia de Bankia, entidade que se negan a vender por considerala unha entidade sistémica para España. Segundo Antón Bao a venda da entidade bancaria pon en perigo o finanzamento do sector produtivo lucense e galego e a Xunta e FROB teñen potestade para paralizar este proceso.