O BNG ESIXIRÁ MELLORAS NO FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

O BNG ESIXIRÁ MELLORAS NO FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

Abraira dixo que o concello ten que “desburocratizar as axudas para que cheguen ás persoas cando realmente as necesitan”

O BNG detectou que dende o concello se está a cortar o subministro de auga a usuarios dos serizos socais

Lugo, 26 de novembro de 2013. O BNG esixe que o concello de Lugo analice o funcionamento dos seus servizos sociais. Tras a comisión de servizos sociais celebrada hoxe no concello de Lugo na que se abordaron as cuestións presentadas polo BNG sobre a contratación de dúas traballadoras para reforzar a atención dos servizos sociais do concello a edil nacionalistas Paz Abraira dixo que o BNG esixirá que non haxa variacións nas partidas orzamentarias de cara ao 2014, que se desburocraticen os trámites para solicitar as axudas de servizos sociais e que se analicen os cambios producidos no perfil das persoas perceptoras dos servizos sociais. Paz Abraira informou, tamén, que o BNG ten detectado que o concello lle está a cortara o subministro de auga a persoas usuarias dos servizos sociais. Para Abraira  resulta “inaceptable que esto ocorra xa que non se lle pode cortar a un cidadán a auga e a luz por que con esto incidimos na súa situación de marxinación social”.

A edil nacionalista, Paz Abraira, preguntou, na comisión, sobre a intención do goberno para solicitar unha prorroga do contrato destas traballadoras e manter o reforzo na xestión tanto da emerxencia social como da bolsa de alugueiro de vivendas. Para Abraira resultou “sorprendente” a resposta da edil responsable, Ana G. Abelleira, que dixo que “non sabía o que farían”. Para o BNG resulta incomprensible esta resposta que significa que no goberno municipal descoñecen a situación dos servizos sociais e descoñecen que cada vez son máis as persoas que acuden ao concello para solicitar axudas para a vivenda e emerxencia social e tamén son, cada vez máis, as persoas que se achegan ao concello para solicitar a RISGA.

Abraira interpretou as respostas do goberno municipal e dixo que “ou ben non está previsto manter a bolsa de alugueiro para os orzamentos de 2014 e a dotación económica para emerxencia social, ou é que descoñecne a realidade social neste concello”. A edil nacionalista lembrou que estas partidas orzamentarias foron incrementadas no ano 2013 grazas ao BNG e asía a partida económica para a bolsa de alugueiro de vivenda pasou de  149.000 € a 299.000 € e a partida destinada a emerxencia social pasou de 160.000 € a 260.000 €. O PSOE incrementou estas partidas por que o BNG o obrigou a incrementalas para poder aprobar os orzamentos de 2013. Abraira dixo que “non existe constancia que se teñan analizado, dende os servizos sociais do concello os cambios producidos no perfil das persoas que acuden a este servizo nos últimos anos”. Compre coñecer cal é novo perfil dos novos demandantes para ofrecer uns servizos sociais de calidade. Abraira dixo que o concello ten que “desburocratizar as axudas para que cheguen ás persoas cando realmente as necesitan”

Paz Abraira lembrou que no pleno do concello de Lugo foi aprobada unha iniciativa, cos votos a favor de PSOE e BNG, para que o goberno local demandara a excepcionalidade prevista no Real Decreto 20/2011 para poder incrementar o persoal que desenvolvera labores nos servizos sociais municipais. Este persoal tería como función fundamental a xestión tanto da emerxencia social como da bolsa de alugueiro de vivendas. A excepcionalidade foi concedida, por parte do goberno do estado, mais o goberno municipal determinou a contratación de dúas traballadoras por un período de seis meses. Para o BNG é inaceptable que a contratación se realice por un máximo de 6 meses cando era sabido que a situación de crise non ía a desaparecer. Abraira recriminou que ”o concello de Lugo tardou máis de 3 meses en solicitar a excepcionalidade unha vez aprobada a proposta en pleno”.

Segundo Paz Ábraira “na actual situación o concello ten que ter capacidade para dar IMG_1819resposta ás necesidades da xente que se atopa nunha situación máis crítica”. Compre manter este incremento de persoal xa que neste momento están absolutamente desbordados pola situación de crise económica, o que aboca a moitas persoas que nunca fixeron uso deste servizo municipal a ter que acudir a el en demanda de axuda dada a súa precaria situación.

A situación actual determina que o perfil de usuarios dos servizos sociais sexa diferente ao de fai uns anos, de maneira que cada centro social, que atende a unha área de referencia da zona urbana e da rural, ve incrementado o seu traballo ao sumarse aos usuarios anteriores os novos demandantes de servizos. Paz Abraira explicou que “se trata dun perfil cambiante nestes demandantes dos servizos sociais municipais, polo que é preciso contar con máis persoal para que non se produzan demoras na atención, que en moitos casos poden ser realmente dramáticas”.

O BNG ESIXIRÁ MELLORAS NO FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO