O BNG PEDIRÁ A INTERVENCIÓN, NESTE CASO, DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA POR TRATARSE DUN INCUMPRIMENTO DA LEI DE NORMALIZACIÓN

O BNG apoia a manifestacion feminista deste domingo previa á folga feminista do 8 de marzo

IMG_3565

A Parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, sinalou que se trata “dunha clara vulneración flagrante dos dereitos lingüísticos por parte da propia administración galega”

O BNG apoia a manifestacion feminista deste domingo previa á folga feminista do 8 de marzo

Lugo, 28 de febreiro de 2018. O BNG apoia a mobilización feminista nacional deste domingo 4 de marzo que se celebrará na cidade de Vigo. Dende Lugo a Parlamentaria, Olalla Rodil, e a edil Maite Ferreiro fixeron de voceiras do BNG para anunciar o apoio a este manifestación previa á folga feminista do 8 de marzo. “Temos que mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia,  porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas” dixo Maite Ferreiro.

Ferreiro sinalou “As mulleres ímonos mobilizar por que ademais de todo o que esta sucendendo coa violencia machista, a fenda salarial, sumanse cuestións indignantes como as declaracións do presidente do Estado, Mariano Raxoi, que cando lle preguntaron sobre a discriminación salarial das mulleres responde literalmente no nos metamos en eso. Ou as campañas paternalistas e cousificadoras da Xunta toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres”..

Ferreiro aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do día catro en Vigo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou a edil do BNG, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”, concluíu.

O BNG apoia a manifestacion feminista deste domingo previa á folga feminista do 8 de marzo