O BNG TRASLADARÁ A PROBLEMÁTICA AO PARLAMENTO GALEGO E ÁS DISTINTAS INSTITUCIÓNS "PARA BUSCAR UNHA MELLOR UBICACIÓN A ESTE PROXECTO, QUE NON AFECTE NIN ÁS VIVENDAS NIN ÁS AUGAS DA ZONA"

O BNG apoia as mobilizacións da veciñanza ante o proxecto da fábrica de metano de Coeses

Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo, participou o pasado luns  xunto co concelleiro Alexandre Penas nunha xuntanza coa veciñanza de Piúgos, Cuíña e Soñar afectada polo proxecto

O BNG trasladará a problemática ao Parlamento Galego e ás distintas institucións "para buscar unha mellor ubicación a este proxecto, que non afecte nin ás vivendas nin ás augas da zona"

O BNG apoia as mobilizacións da veciñanza ante o proxecto da fábrica de metano de Coeses





Lugo, 11 de xuño de 2024. O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG colaborará coa veciñanza afectada polo proxecto de construcción dunha fábrica de Metano en Coeses, que actualmente se atopa en exposición pública e en prazo de alegacións. Arroxo explicou que "o pasado luns reunímonos coa veciñanza afectada para amosar o noso apoio e colaborar coas distintas accións que leven adiante as veciñas e veciños dos núcleos afectados". Na xuntanza o portavoz do BNG estivo acompañado polo concelleiro Alexandre Penas, e puideron conversar cos representantes de distintas asociacións veciñais das zonas afectadas.

O BNG trasladará ao Parlamento Galego e ás distintas institucións onde ten representación a problemática trasladada polas veciñas e veciños "ante un proxecto que producirá ruídos, cheiros e que pode ter influencia na calidade da auga da zona", afirmou Arroxo, que engadiu "colaboraremos tamén axudando a presentar alegacións ao proxecto para que as veciñas e veciños poidan amosar o seu rexeitamento a esta plana".

O BNG reclama, xunto coa veciñanza da zona, que se valore unha ubicación alternativa "que non afecte a ningún núcleo de poboación". A Xunta de Galiza declarou o proxecto como iniciativa empresarial prioritaria, o que conleva a simplificación de trámites administrativos, "mais o que debe ser prioritario é garantir que as veciñas e veciños da contorna non vexan mermada a súa calidade de vida por esta planta", afirmou Rubén Arroxo.

O BNG apoia as mobilizacións da veciñanza ante o proxecto da fábrica de metano de Coeses