RUBÉN ARROXO: "QUEREMOS PROMOVER O USO DO GALEGO ENTRE A MOCIDADE, ASÍ COMO A CREACIÓN LITERARIA E ARTÍSTICA A TRAVÉS DA LINGUA"

Remata a edición 2024 do ciclo Enredando co Galego, organizada pola área de Cultura e a AELG

Rubén Arroxo: "Queremos promover o uso do galego entre a mocidade, así como a creación literaria e artística a través da lingua"

As preto de 400 estudantes participantes participaron na gala final que contou coa actuación musical de Grande Amore

Remata a edición 2024 do ciclo Enredando co Galego, organizada pola área de Cultura e a AELG



Lugo, 12 de xuño de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, participou xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, na gala final da edición 2024 da iniciativa EnRedando co Galego, que se levou a cabo durante os meses de abril e maio e contou coa participación de preto de 400 estudantes de distintos institutos de Lugo. Maite Ferreiro explicou que "co Enredando co Galego queremos promover o uso do galego entre a mocidade, e promover a creación literaria e artística a través da lingua".

As rapazas e rapaces participantes puideron desfrutar dunha xornada festiva presentada por Lois Pérez, e que contou coa actuación musical de Grabde Anire, un dos artistas de maior éxito no panorama musical galego actual.

Na gala celebrada hoxe, a mocidade participante ralizou un intercambio de experiencias, e recibiron un agasallo pola súa participación, ademais de participar no sorteo de agasallos de material electrónico e lotes de libros.

Durante 21 días, as estudantes participantes puideron escoller dúas experiencias distintas: unha inmersión lingüística, compartindo nas redes sociais as súas reflexións sobre o proceso ou unha experiencia de creación literaria e artística, na que crearon obras literarias en galego en formato escrito e dixital, que foron enviadas á Escola de Escritoras e Escritores da AELG.

As participantes na modalidade de creación literaria. Durante todo o día, mantiveron o pasado martes un encontr con Xesús Fraga, Premio Nacional de Literatura, e con Yolanda Castaño, unha das poetas con máis traxectoria internacional dentro do ámbito galego e estatal.

Maite Ferreiro destacou a importancia do ciclo Enredando co Galego, como "un punto de encontro para que o estudantado de Lugo poida intercambiar opinións, establecer novos lazos e coñecer a persoas coas súas mesmas inquedanzas, ao mesmo tempo que acadan unha mellor competencia en galego e fan chegar a nosa lingua a lugares nos que moitas rapazas e rapaces non contaron con ela".

Este programa celebrou no 2024 a súa cuarta edición e comezou cunha serie de recitais poéticos nos centros de ensino a cargo de Samuel Merino e Silvia Penas. Na gala final tivo lugar a entrega de premios, onde todas as persoas participantes recibiron un agasallo, e os mellores de cada categoría recibiron lotes de libros e material tecnolóxico.

Remata a edición 2024 do ciclo Enredando co Galego, organizada pola área de Cultura e a AELG