OLALLA RODIL: "URXIMOS AO GOBERNO DO PP A ATENDER ESTA SITUACIÓN COMO PRIORITARIA"

O BNG urxe á Xunta de Galiza que dote á unidade de suicidio do CIS da Residencia do servizo de psiquiatría

deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil chama a atención sobre un problema que na provincia de Lugo é especialmente relevante

Olalla Rodil: "Urximos ao goberno do PP a atender esta situación como prioritaria"

O BNG urxe á Xunta de Galiza que dote á unidade de suicidio do CIS da Residencia do servizo de psiquiatría

 

 

Lugo10 xuño de 2024 – A deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, reclama á Xunta de Galiza que dote de maneira urxente ao CIS da Residencia do servizo de psiquiatría algo que a Xunta non ten pensado facer nos vindeiros meses.

Segundo coñeciamos o pasado día 8 de xuño, a través do Xornal El Progreso, a unidade de prevención do suicido de Lugo, asentada no Cis da Residencia, leva dende o pasado mes de abril sen psiquiatra. Esta situación esta a supor un enorme prexuízo para as persoas que viñan sendo atendidas neste servizo.

"Cómpre lembrar que Lugo é a provincia de todo o Estado con unha maior taxa de suicidios" explica Rodil. Segundo os datos do ano 2022 do INE, en Lugo producironse 50 falecementos por este motivo o que supón 15,4 mortes por cada 100 mil habitantes , "algo que consideramos moi preocupante para a provincia", expón a deputada nacionalista.

"A saúde mental é unha das prioridades para o BNG" pois a taxa de psicólogos e psicólogas clínicas esta moi lonxe de cubrir as necesidades desta provincia. "Por iso urximos que se dote a unidade de atención ao suicidio dese psiquiatra, pero non só ao CIS da Residencia senón que se dote aos centros de atención primaria con psicólogos e psicólogas clínicas para atender un problema de primeira orde como é a saúde mental, porque precisamos fortalecer a atención primaria para atender os problemas de saúde mental da nosa poboación", conclúe Rodil.

O BNG urxe á Xunta de Galiza que dote á unidade de suicidio do CIS da Residencia do servizo de psiquiatría