O BNG Asembleas Abertas pide iniciar a revisión do PXOM polo 5% que está pendente de aprobación
Rubén Arroxo sinalou que a actual situación está a perxudicar a moitas persoas que queren quedar a vivir no rural de Lugo e non poden facer a casa na súa parroquia
O BNG Asembleas Abertas reclama un revisión total do documento e dada a situación, o máis axeitado é empezar por ese 5% que aínda non foi aprobado
Lugo, 20 de febreiro de 2016. O BNG Asembleas Abertas pide iniciar a revisión do PXOM polas zonas que o ocupan a porción que está sen aprobar do documento e que son coñecidas como 5% pendente de aprobación. A pesares de que recentemente o voceiro do BNG AA manifestou que a súa formación é partidaria de abordar a redacción dun novo documento para o concello de Lugo máis realista e achegado ás necesidades reais do concello, Rubén Arroxo dixo que dada a situación, o máis axeitado é empezar por ese 5% que aínda non foi aprobado.
Arroxo sinalou que é preciso darlle unha solución á parte do PXOM que aínda non puido ser aprobada e consideramos que esto é compatible cunha revisión total do documento que pode empezar polas zonas afectadas nesta porcentaxe pendente de aprobación. Cómpre ter en conta que o PXOM do concello de Lugo aprobado no 2011 está moi lonxe da situación real que vai vivir a corto e medio prazo o noso municipio a nivel urbanístico sinalou Rubén Arroxo e por iso consideramos que o máis acaído sería iniciar unha revisión do PXOM comezando con este 5% sen aprobar para adaptalo a realidade social de Lugo.
A situación na que se atopa o popularmente coñecido como 5% do PXOM sen aprobar está a causar importantes eivas principalmente entre as novas xeracións de veciñas e veciños do rural que teñen intención de continuar a vivir nas parroquias e levan anos agardando unha resolución sobre a ordenación urbanística que non se dá. Rubén Arroxo afirmou que a actual situación está a perxudicar a moitas persoas que queren quedar a vivir no rural de Lugo e non poden facer a casa na súa parroquia.