A CHARLA FEMINISTA DO BNG TERÁ LUGAR O VINDEIRO MARTES 3 ÁS 19:30 NO CS UXÍO NOVONEYRA

O BNG continúa o seu ciclo de charlas feministas falando da Educación na Igualdade

MaiteOlalla
A mestra Mari Blanco, xunto á psicóloga Laura Pardeiro participarán na charla que presentará Maite Ferreiro
O BNG continúa o seu ciclo de charlas feministas falando da Educación na Igualdade

Lugo, 1 de marzo de 2020. A comisión feminista do BNG de Lugo, en colaboración coa Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, continúan a organizar charlas feministas sobre diversos temas. O vindeiro martes, 3 de marzo ás 19:30, o CS Uxío Novoneyra acollerá a quenda da educación, baixo o título Educación na Igualdade.

A charla será presentada pola Vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, e contará coa participación de Mari Blanco, mestra de educación primaria e da psicóloga experta en educación Laura Pardeiro, que darán o seu punto de vista para poder avanzar de cara á igualdade nun asunto tan  importante como a educación.

“Dende o BNG animamos a toda a veciñanza a asistir e a participar nesta charla”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “animamos tamén a participar nas mobilizacións que o movemento feminista galego ten previstas para o vindeiro 8 de marzo”.

O BNG continúa o seu ciclo de charlas feministas falando da Educación na Igualdade