PÉREZ FRA COMPROMETEUSE NA VISITA REALIZADA A CARQUEIXA A RECLAMAR NECESIDADES NON ATENDIDAS NO RURAL COMO A BANDA ANCHA, O TRANSPORTE OU AS INFRAESTRUTURAS
BNG defenderá en Europa que os fondos de cohesión servan para o desenvolvemento do rural galego
Mar Pérez defendeu o uso de estes fondos para unha maior diversificación economica do noso país
Pérez Fra comprometeuse na visita realizada a Carqueixa a reclamar necesidades non atendidas no rural como a banda ancha, o transporte ou as infraestruturas
Lugo, 03 de xuño 2024.- A integrante da candidatura do BNG ao Parlamento Europeo, Mar Pérez Fra, mantivo un encontro co presidente da cooperativa A Carqueixa,en Cervantes, co seu xerente e con gandeiros da montaña lucense. Mar comprometeuse a trasladar ao Parlamento as suas principais demandas. Reclamacións referidas ao proprio sector gandeiro, mais tamén a falta de apoio dos fondos comunitarios ao desenvolvemento do rural galego.: para o transporte, as infraestruturas, os servizos públicos, as pequenas e medianas empresas no rural, entre outros. "Estase producindo un uso claramente discriminatorio de dos fondos comunitarios que deberían servir para solucionar estas deficiencias , como os fondos FEDER ou FEADER", sinalou Mar Pérez.
Na visita ao bar Xegunde, en Navia de Suarna, onde se elaboran distintos pratos cociñados que comercializa A Carqueixa, Mar Pérez sinalou a importancia de iniciativas como este que contribúen a que o valor engadido da transformación quede no rural e a fixar poboación. "Ao contrario do que se está acontecendo agora, os fondos comunitarios deben ter nas pequenas e medianas empresas do rural un destino prioritario", afirmou
Mentres as forzas políticas de ámbito estatal son responsábeis de que os fondos comunitarios se dirixan cara as zonas máis desenvolvidas do Estado, discriminando a Galiza o BNG vai ser a forza que defenda que eses recursos sirvan para corrixir os desequilibrios territorais, particularmente na zonas de montaña.