O BNG esixe explicacións, máis transparencia e depuración de responsabilidades no acotencido co viaduto do Castro na A-6

Despois de coñecer a información proporcionada polo Goberno do Estado, o BNG insiste na falta claridade co sucedido nesta infraestrutura vital para Lugo e Galiza

O Bloque sinala que nos orzamentos do Estado para o 2023 non se está a sinalar partidas específicas para o arranxo do viaduto

Olalla Rodil “Non pode ser que unha estrada con apenas 20 anos se veña abaixo e se pretenda ventilar coma se fose unha anécdota, porque non o é”

O BNG esixe explicacións, máis transparencia e depuración de responsabilidades no acotencido co viaduto do Castro na A-6

Lugo, 16 de novembro de 2022.- Tras as informacións que o Goberno do Estado ofreceu esta semana sobre as consecuencias do derrubamento do viaduto do Castro na autovía A-6, o Bloque Nacionalista Galego insiste en que estas non son suficientes.

 

A deputada do BNG por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, explicou “non nos convencen as explicacións, alguén terá que explicar con maior detalle cales son as razóns para que unha ponte que tiña só 20 anos se atopase en tan mal estado” no que incidiu “non pode ser que unha estrada se veña abaixo e se pretenda ventilar coma se fose unha anécdota, porque non o é”

 

Por estas razóns, o BNG continuará esixindo “luz e taquígrafos” para que se explique coa maior claridade as razóns do derrubamento desta infraestrutura, mais tamén que se poña en claro as responsabilidades, tanto políticas como empresariais da execución e do mantemento do vial.

 

Olalla Rodil tamén lembrou a falta de información sobre o arranxo, no que nos orzamentos do Estado para o 2023 non se está a detallar nin prazos nin partidas específicas para a reconstrución do viaduto “iso non pode ser, para Lugo é vital a A-6 mais tamén para toda Galiza, sobre todo para o sector do transporte, xa que é a principal autovía que nos conecta coa meseta” e subliñou “se a ponte caese en Madrid, non actuarían desta maneira”

O BNG esixe explicacións, máis transparencia e depuración de responsabilidades no acotencido co viaduto do Castro na A-6