O BNG realiza unha charla feminista sobre o feminismo no mundo laboral

Na palestra de hoxe participaron a profesora da USC no Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel e a axente ambiental Isabel Calvete

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación e concelleira en Lugo, foi a encargada de moderar o acto

O BNG realiza unha charla feminista sobre o feminismo no mundo laboral

Lugo, 25 de xaneiro de 2022. O BNG continúa co ciclo de charlas feministas cunha nova sesión celebrada hoxe titulada o reto de ser visíbeis no mundo laboral, que tivo lugar no Centro Social Uxío Novoneyra.

A Vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, foi a encargada de moderar o acto, que contou coa participación da profesora da USC Montserrat Valcárcel e da axente ambiental Isabel Calvete.

Na palestra abordáronse diversas perspectivas do eido do traballo, sobre todo nos esforzos que a muller ten que facer para entrar e ter presenza en diferentes espazos, ao que tamén, a conquista de acadar autoridade. Estas condicións describíronse nesta charla tanto no ámbito rural como no urbano. Por estas razóns, tamén se debateron que iniciativas se deben impulsar para acadar a igualdade.

Maite Ferreiro declarou “o BNG segue a impulsar con estes encontros a formación feminista con diversas cuestións, neste caso co ámbito laboral;   o feminismo é a única ferramenta para acadar unha sociedade mellor e máis xusta”.

 

Ferreiro animou a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista para o vindeiro 25 de novembro “para dar visibilidade ao movemento feminista e demostrar que as mulleres teñen o seu papel na sociedade”.

 

Montserrat Valcárcel é doutora en Enxeñaría Agrónoma e profesora na área de Enxeñaría Agroforestal do Campus de Lugo. Entre o 2018 e o 2022 exerceu como Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo.

Isabel Calvete é axente ambiental da consellería de Medio Rural dende o 1994, con destino nos Ancares até o 2021 que pasou a formar parte da Unidade de Investigación de Incendios Forestais dependente da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

A palestra o reto de ser visíbeis no mundo laboral únese ao ciclo de charlas feministas promovidas polo BNG e Galiza Nova, que conta xa con 15 charlas de distinta temática:

  • 7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa González Piñeiroa e Olalla Rodil
  • 19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas
  •  27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira
  • 29 de setembro de 2017 ventres de alugueiro con María Reimóndez e Olalla Rodil
  • 20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.
  • 13 de marzo de 2018 As mulleres no mundo laboral, Dalila Dopazo (xuíza), Marta R. Engroba (presidenta da asociación Si, hai saída), e Raquel Grandio (orientadora laboral de COGAMI).
  • 25 de setembro de 2018 Coñecendo a endometriose, Andrea López (representante de QUERENDO – Mulleres con endometriose), Chus Méndez (xinecóloga)
  • 24 de setembro de 2018 vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo, Pilar García Negro
  • 20 de febreiro de 2019 A cultura da Violación, Olalla Rodil e Iria Fernández (mestra).
  • 26 de novembro de 2019 Arte e feminismo, Luz Darriba (artista multidisciplinar) e Mónica Alonso (artista plástica)
  • 3 de marzo de 2020 Educación en igualdade, Mari Blanco (mestra) e Laura Pardeiro (psicóloga)
  • 8 de marzo de 2021 Traballos e coidado en tempos de pandemia, Cristina López (concelleira de Mercados en Lugo) e Ximena González (traballadora do SAF)
  • 8 de xuño de 2021  Atención ás víticmas no ámbito xudicial, Marta Abuín (Traballadora Social), Ana Jartín (psicóloga da oficina de atención ás Vítimas) e Marta Rivas (psicóloga do IMELGA)
  • 30 de novembro de 2021 Diversidade sexual con Laura Bugalho (activista e sindicalista) e Ánxela Montero (mestra de Educación Infantil)
  • 25 de xaneiro de 2022 Diversidade sexual con Nicolasa Castro (profesora de Lingua e Literatura) e Robert Neal Baxter (Lingüista e traductor)
O BNG realiza unha charla feminista sobre o feminismo no mundo laboral