O BNG estará vixiante pare a evitar que Rozas se converta nunha base militar de drons
"A presenza do BNG en Madrid será determinante para defender os nosos intereses ante os ministerios responsabeis deste tipo de proxectos dixo Olalla Rodil
Parlamentari@s do BNG participarán na visita dunha Comisión Parlamentaria ao Centro de Investigación Aerotransportada (CIAR) de Rozas para coñecer o que se fai nestas instalacións
Lugo, 29 de maio de 2016. Cargos institucionais e orgánicos do BNG anunciaron, nas inmediacións do Centro de Investigación Aerotransportada (CIAR) de Rozas, que a formación nacionalista estará vixiante pare a evitar que Rozas se converta nunha base militar de drons. O parlamentario Cosme Pombo anunciou que asistirá, xunto coa parlamentaria Carme Adán, á visita promovida dende a Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento Galego a este centro de investigación na xornada do luns 30 de maio.
A candidata do BNG ao Congreso, Olalla Rodil sinalou que defendemos que a creación do Polo tecnolóxico en Rozas sirva para traer novas empresas a Galiza e a esta comarca e agardamos que unha parte dos 600 postos de traballo prometidos, poidan corresponder a traballos locais e engadiu que estamos a favor da creación dun polo tecnolóxico e agardamos que estas inversións millonarias sirvan para crear emprego na zona.
A presenza do BNG en Madrid será fundamental para defender os nosos intereses ante organismos como o ministerios que teñen responsabilidades sobre este tipo de proxectos dixo Olalla Rodil que estivo acompañada polo parlamentario Cosme Pombo, a concelleira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón e o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo.
Pola súa banda, Cosme Pombo, lembrou que o CIAR foi creado en Novembro 2014 cun importantísimo investimento por parte do goberno do estado e da Xunta de Galiza e lembrou que sempre se nos dixo qu o centro estaría adicado a promover os Drons no ámbito civil para poder mellorar os servizos públicos galegos como a prevención e extinción de lumes, a xestión de catástrofes, a xestión do Territorio, a vixiancia costeira e do medio ambiente e para apoiar certos servizos sanitarios e de Emerxencias.
Pombo aclarou que o BNG defendeu e defende a aposta polo I+D+I e a súa aplicación na Industria, o fomento do desenvolvemento tecnolóxico, o fomento da innovación e da investigación aeronáutica e o desenvolvemento dun plano de investimentos asociado á creación deste Polo Tecnolóxico Industrial en Rozas e afirmou que atendendo ao principio de solidariedade, antiimperialismo, paz e desarme no concerto internacional, que defende o BNG estaremos atentos a que o CIAR sexa destinado, exclusivamente, a aplicacións de uso civil.