Pediremos na xunta de voceiros que se solicite unha xuntanza coa xerencia do catastro dixo Maite F
O BNG - Asembleas Abertas solicitara a principios de maio unha xuntanza co responsable da Xerencia do Catastro en Lugo para aclarar criterios sobre a aplicación do catastrazo
Solicitamos unha entrevista ante a pasividade do goberno local, por que son moitas as veciñas e veciños que están preocupadas e nos piden información dixo Ferreiro
Lugo, 31 de maio de 2016. A edil do BNG Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, anunciou que o seu grupo político levará a vindeira xunta de voceiros unha proposta para que o goberno municipal solicite unha entrevista na que participen todos os grupos con representación na corporación. Maite Ferreiro explicou recibimos resposta escrita do xerente na que afirma que somentes trasladan a información aos responsables dos gobernos municipais e engadiu solicitamos unha entrevista ante a pasividade do goberno local, por que son moitas as veciñas e veciños que están preocupadas e nos piden información.
Estamos ante a pasividade da administración do estado e tamén do goberno municipal que parece que solo están pensando en como quitarlle os cartos ás persoas que viven do seu traballo segundo dixo Maite Ferreiro. A revisión catastral supón un incremento da carga impositiva para as familias que se suma ás subidas xeneralizadas nos impostos que pagamos a maioría - IRPF, IVA, IBI, Para o BNG a revisión do Catastro foi utilizada polo goberno do PP en Madrid para recadar dos veciños e veciñas de cada municipio os cartos que o Goberno do Estado deixou de entregarlles aos concellos nos últimos anos.
Maite Ferreiro lembrou que o BNG ten presentando iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para que se paralizase este catastrazo. Ademais o BNG reclama que se establezan bonificacións na cota para edificacións vinculadas á actividade agraria e para as persoas que non teñan recursos suficientes. O BNG tamén está facendo, a través das súas iniciativas e da presión veciñal, que nos concellos a revisión do valor dos inmóbeis no Catastro se efectúe tendo en conta o seu valor real e partindo da súa función económica.
Na participación nos tributos do Estado (PIE), os concellos galegos levan anos discriminados. Neste 2016, a media por habitante que van recibir os concellos galegos vai ser de 209 ( 50 menos da media do Estado), mentres os de Madrid recibirán 350 , os de Cataluña 314 ou os de Aragón 290 . Con este sistema inxusto de reparto, nos últimos 13 anos, os concellos galegos no seu conxunto, recibiron 1.512 millóns de euros menos do que lles correspondería.